Meandro

From Wikipedia, the free encyclopedia

Meandro

Un meandro é unha curva sinuosa descrita polo curso dun río. Fórmanse con maior facilidade nos ríos das chairas aluviais con pendente moi escasa, dado que os sedimentos adoitan depositarse na parte convexa do meandro, mentres que na cóncava, debido á forza centrífuga, predomina a erosión e o retroceso da beira.

Thumb
Meandros do río Cuckmere, en Inglaterra.

Cando dúas canles curvas se atopan debido á erosión, o río acurta camiño a través da zona onde se opón as correntes e fórmase un lago de ferradura ou meandro abandonado, xa que os sedimentos pechan a entrada e saída do antigo meandro, quedando fóra da canle do río.

Etimoloxía

O nome provén do do río Meandro en Anatolia famoso pola súa sinuosidade. É o actual Büyük Menderes.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.