From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Fulda tamén chamado en alemán Gersfelder Wasser,[1] é un río de Alemaña que discorre principalmente en dirección norte polo estado de Hesse, até confluír co río Werra xunto á cidade de Hann —preto das cidades de Kassel e Gotinga— pasando entre ambas o río Weser. Ten 220 km de lonxitude.
Río Fulda | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Alemaña |
División | Estados de Hesse e Baixa Saxonia |
Localización xeográfica | |
Cunca | Río Weser |
Características | |
Lonxitude máxima | 220,7 km |
Mapa | |
Os seus nacentes atópanse en Wasserkuppe, nas montañas do Rhön. Desde alí corre en dirección nordés flanqueado polas montañas Knüll, polo oeste, e as fragas Seulings, polo leste. Preto da localidade de Bebra cambia o seu curso en dirección noroeste. Logo de xuntarse co río Eder corre cara ao norte até chegar á cidade de Kassel e cambia de novo de dirección, cara ao nordés, deixando ao bosque de Kaufunger, ao leste, e os comezos do bosque de Rheinhards, ao noroeste. Finalmente conflúe co río Werra en Hann-Münden, formando ambos o río Weser.
Ao longo do seu curso atópanse as seguintes cidades e localidades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.