From Wikipedia, the free encyclopedia
O Réquiem en re menor K. 626 de Wolfgang Amadeus Mozart é a última composición do compositor austríaco, composta en 1791 e inconclusa á morte do compositor.
En xullo de 1791, o Conde Franz von Walsegg encargoulle a Mozart a realización dunha misa de requiem, por mediación dun cabaleiro descoñecido identificado como Franz Anton Leitgeb.[1][2] Aínda que a comezos dese verán comezou a súa composición, o seu traballo nas óperas La clemenza di Tito e Die Zauberflöte fixo que ata o outono dese ano non progresara moito na súa composición.[2] Segundo parece, o Conde Walsegg (un amante da música que tiña por costume encargar partituras a compositores célebres para facelas pasar por propias) fixo chegar a Mozar por medio dun criado enmascarado o encargo dunha misa de defuntos que posteriormente sería interpretada no enterro da súa muller acabada de falecer e adxudicarse a súa autoría,[3] outros apuntan a que o visitante descoñecido non era máis que a personificación, por exemplo un composto alucinatorio que representara a un ser humano.[4]
O praguense Franz Xaver Niemetschek, autor da primeira biografía de Mozart, describe do seguinte xeito no que se produciu o encargo do Requiem:[1]
“ | Un mensaxeiro descoñecido entregoulle unha carta sen sinatura, chea de adulacións, na que se lle pedía unha Misa de defuntos, e se lle preguntaba polo tempo de entrega e o seu prezo. Mozart respondeu ao descoñecido que comporía o Réquiem por unha determinada cantidade e que non podería fixar exactamente a data do cumprimento... Pouco despois reapareceu o mensaxeiro levando consigo non só o importe solicitado, senón tamén, dado que as esixencias de Mozart eran modestas, a promesa dun importante suplemento a pagar ao final do traballo | ” |
— Franz Xaver Niemetschek |
Polo tanto, segundo Niemetschek as circunstancias do encargo foron as usuais na época. O prezo do encargo ascendía a 50 ducados, o que equivalería a uns 2.700 euros da actualidade. O biógrafo checo describe a relación entre o compositor e o mensaxeiro descoñecido como normal ata un episodio no que o matrimonio Mozart saía da súa casa e unha man tirou o abrigo de Constanze, tratábase do mensaxeiro descoñecido, que quería interesarse polos progresos do encargo, o que levou a Mozart sospeitar do estraño.[1]
É un feito probado que durante a súa enfermidade final, durante a cal recibiu os coidados da súa esposa Constanze e da súa irmá máis nova Sophie e foi atendido polo doutor Nicolaus Closset, a súa mente estivera ocupada coa finalización do seu Réquiem. Finalmente a obra foi rematada polo seu alumno e colaborador Franz Xaver Süßmayr, quen engadiu algunhas partes instrumentais e compuxo tres números máis: o Sanctus, o Benedictus, e o Agnus Dei, en parte tomando música que xa compuxera para unha sección anterior, se ben as evidencias de que ditara pasaxes a Süßmayr son moi remotas.[2][5][6]
A partitura de Mozart require da utilización da seguinte orquestra.
Instrumentación do Réquiem en re menor |
Madeiras |
2 corni di bassetto en Fa, 2 fagots |
Metais |
2 trompetas en Re, 3 trombóns (alto, tenor e baixo) |
Percusión |
Timpani (2) |
Cordas |
Violíns (I e II), violas |
Basso continuo |
Violonchelo, contrabaixo e órgano |
Ademais do elenco orquestral, o Réquiem en re menor de Mozart está escrito para catro voces solistas (soprano, contralto, tenor e baixo) e coro mixto a catro voces (soprano, alto, tenor e baixo).
Número | Parte | Sección | Intérpretes | Tonalidade | Notas |
---|---|---|---|---|---|
I | Introitus | Requiem aeternam | Coro e soprano | Re menor | |
II | Kyrie eleison | Coro | Re menor | ||
III | Sequenz | ||||
IIIa | Dies irae | Coro | Re menor | ||
IIIb | Tuba mirum | Solistas | Si bemol Maior | ||
IIIc | Rex tremendae | Coro | Sol menor | ||
IIId | Recordare | Solistas | Fa Maior | ||
IIIe | Confutatis | Coro | La menor | Lacrimosa attacca | |
IIIf | Lacrimosa | Coro | Re menor | ||
IV | Offertorium | ||||
IVa | Domine Jesu Christe | Coro e solistas | Sol menor | ||
IVb | Hostias et precis | Coro | Mi bemor Maior | ||
V | Sanctus | Coro | Re Maior | ||
VI | Benedictus | Solistas | Si Maior | ||
VII | Agnus Dei | Coro | Re menor | ||
VIII | Communio | Lux aeterna | Soprano e coro | Re menor |
O manuscrito do Réquiem foi exhibido durante a Exposición Universal de 1958 celebrada en Bruxelas. Nalgún momento da feira, alguén puido ter acceso ao manuscrito, arrincando un anaco da esquina inferior dereita da penúltima páxina (folio 99r/45r), que contén as palabras "Quam olim d: C:" (unha indicación de que a fuga "Quam olim" do Domine Jesu debía ser repetido "da capo", ao final de Hostias). O autor non foi identificado e o fragmento non foi recuperado.[7]
Se a teoría da autoría máis común é real, as palabras "Quam olim d: C:" poderían ter sido as últimas palabras escritas por Mozart antes de morrer. É probable que quen roubou o fragmento pensara que fora así.
Na súa obra Motsart i Salyeri, Alexander Pushkin narra o encargo do Réquiem a Mozart do seguinte xeito en palabras de Mozart:[8]
“ | Escoita, pois: Hai tres semanas, voltei tarde á casa. Díxoseme que alguén preguntara por mín. Non sei cómo, mais pasei a noite pensando: quen terá sido? Que quererá de min? Ao día seguinte volveu de novo, sen encontrarme tampouco. Ao terceiro día estaba eu xogando no chan co meu diabrete. Oín que me chamaban; saín fora. Un home completamente vestido de negro inclinouse cortesmente ante min, encargoume un réquiem e desapareceu. | ” |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.