tipo de cuark From Wikipedia, the free encyclopedia
O quark fondo (ou quark b do inglés "bottom quark") é unha partícula elemental que pertence á terceira xeración de quarks. Ten unha carga eléctrica igual a −⅓ da carga elemental e un spin de ½, co cal é un fermión e cumpre o principio de exclusión de Pauli. Como os demais quarks, o quark fondo ten carga de cor, e o antiquark fondo ten carga de anticor; senten a interacción forte.
Quark fondo (b) | |
---|---|
Clasificación | |
Partícula elemental | |
Fermión | |
Quark | |
Terceira xeración | |
Quark fondo | |
Propiedades | |
Masa: | ≈7,13 · 10−27 kg (no esquema de mínima subtracción) |
Carga eléctrica: | −⅓ e |
Carga de cor: | Cor |
Spin: | |
Vida media: | Inestable (descoñecido) |
Antipartícula: | Antiquark fondo () |
Interacciona con: | Gravidade Interacción débil Electromagnetismo Interacción forte |
É o segundo quark máis masivo do modelo estándar, cunha masa dunhas catro veces a do protón. Isto dálle un comportamento peculiar dentro da cromodinámica cuántica, que o fai máis fácil de detectar e medir as súas propiedades experimentalmente, sobre todo nos mesóns que forma. Tamén é relativamente fácil de experimentar con el debido a que case sempre aparece nas desintegracións do quark cume, e con bastante frecuencia na desintegración do bosón de Higgs, se é o suficientemente lixeiro.
Foi descuberto no Fermilab (Chicago), en 1977[1] e posteriormente confirmado en Doris (Hamburgo). No descubrimento, os científicos quixeron chamalo "quark beleza" (Beauty), pero ao final quedou en fondo (Bottom). O achado non resultou inesperado xa que en 1975 descubriuse a partícula tau polo que se pensou que se había tres familias de leptóns debería haber tamén tres xeracións de quarks.
O quark fondo debe ter unha vida media curta, como os leptóns da terceira xeración. A única evidencia é que forma hadróns que se desintegran pronto, pero a vida media do propio quark é moi difícil de medir debido a que se atopa confinado (confinamento da cor).
Este quark dota aos hadróns que forma cun número cuántico chamado 'inferioridade' (tradución de "bottomness"), que se define como o número de antiquarks fondo menos o número de quarks fondo que o forman.
Todos os tipos de mesóns B, cargados e neutros, están formados por un quark fondo (ou o antiquark) e un quark arriba ou abaixo. Os mesóns B encantados e estraños están formados polo quark fondo e un quark encantado ou estraño respectivamente.
O mesón ípsilon, tamén coñecido como 'fondonio' (tradución de bottomonium), está formado polo quark e o antiquark fondo.
O único barión coñecido cun quark fondo é o lambda neutro inferior.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.