Pías, Zamora
concello da provincia de Zamora From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Zamora From Wikipedia, the free encyclopedia
Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Integran o municipio as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova das Frieiras[1].
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Pías (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 99 (2023) (2,27 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 43,68 km² | |||
Altitude | 1.063 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ángel Castro Rodríguez | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49580 | |||
Código INE | 49154 | |||
Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]. O xentilicio é «piarolo».[3]
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[4] Trátase sen dúbida da forma galega de "pía" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril como, máis probablemente, a un resto arqueolóxico sobranceiro, como unha sepultura antropomorfa en pedra.[5] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pías que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[6] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[7][8]
Pías posúe unha poboación moi avellentada. En 2020, a metade os veciños (50,5%) tiña máis de 65 anos. Só 3 dos 111 habitantes era menor de idade e 6,3 % do total da poboación ten menos de 30 anos.
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2010 | 2020 |
---|---|---|---|---|---|
303 | 255 | 215 | 201 | 157 | 111 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.