From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pé grande (do inglés Bigfoot) ou sasquatch,[1] é unha criatura mitolóxica de aspecto simiesco que habita nos bosques, principalmente no noroeste de América do Norte.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2012.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
A comunidade científica di que as probas existentes non son o suficientemente convincentes, e xeralmente as considera como o resultado da mitoloxía, o folclore ou identificacións erróneas.
Moitos profesionais e académicos afirman que calquera estudo adicional que se poida facer sería unha perda de tempo, pero os partidarios da súa existencia pensan que as evidencias actuais pode que sexan escasas, pero que terán que avaliarse obxectivamente novas evidencias a medida que se vaian presentando.
Outros, incluíndo os integrantes dunha subcultura composta en xeral por afeccionados, continúan investigando e actualmente consideran a existencia do sasquatch como certa, e que sería un posíbel descendente dos Gigantopithecus.[2]
As testemuñas xeralmente indican características similares: unha gran criatura simiesca bípede, normalmente dunha altura de 1,83 a 2,13 m e dun peso de aproximadamente 160 kg, con amplos ombros e estrutura robusta. A cabeza é pequena, puntiaguda e baixa; en ocasións fálase dunha crista na parte superior do cranio. Os ollos descríbense xeralmente como pequenos e ocultos baixo unha fronte pronunciada. A excepción da cara, mans e pés, unha fina capa de pelo cobre o seu corpo; a pelaxe é de cor normalmente parda ou negra, aínda que algúns din que é rubia, de cor crema ou con brillos prateados.
As enormes pegadas, similares na forma ás dun pé humano, déronlle o seu nome en inglés. O ecoloxista Robert Michael Pyle descríbeas así: "As pegadas normalmente miden de 38 a 45 cm de lonxitude e de 18 a 21 cm de largo. Teñen cinco dedos".
Asóciaselle un forte e desagradábel cheiro, semellante ao das feces fecais, á das augas residuais (cloacas) ou ao da suor humana, segundo versións.
Os sons que emite descríbense como agudos chíos ou asubíos, ou ben gruñidos graves, ao igual que o Ieti, polo que algúns criptozoólogos sosteñen que podería ser unha especie emparentada con el, que quizais chegou a América a través do Estreito de Bering durante a última glaciación, tal e como fixeron os antepasados dos pobos amerindios e diversas especies de animais.
Con respecto á súa alimentación, o antropólogo Grover Krantz di que "moitos observadores describiron os alimentos que consomen os sasquatch; pero é unha cuestión de opinión saber cantos destes informes son exactos". Tamén agrega que "a grandes trazos, describiríao como omnívoro. É principalmente un vexetariano, e pódese describir como un carnívoro ocasional".
A maioría dos avistamentos son nocturnos, o cal fai pensar que se trata dunha criatura de hábitos nocturnos. Algunhas testemuñas mencionan algo que Pyle denomina como "brillo avermellado ocular", similar ao brillo dalgúns animais nocturnos. Normalmente avístanse individuos solitarios, raramente en pares ou en grupos familiares, e son máis comúns os avistamentos de machos que os de femias.
Xa sexa unha criatura verdadeira ou non, o pé grande ten un grande impacto como fenómeno cultural. A maioría da xente en América asimila rapidamente os significados das palabras "pé grande" ou "sasquatch", que se empregan para designar moitos produtos, como monos, monopatíns, esquís, un motor de busca de Mononet e os monster truck.
Existen convencións anuais relacionadas co Bigfoot. Esta criatura desempeña un papel importante no turismo no noroeste dos Estados Unidos e do Canadá;[Cómpre referencia] por exemplo, existe unha festividade chamada Sasquatch Daze, en Harrison Hot Springs (Columbia Británica). O Bigfoot converteuse nun gran negocio nalgunhas partes de Norteamérica.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.