Puck é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta o 30 de decembro do 1985 pola sonda espacial Voyager 2.[6] O nome de Puck provén da mitoloxía celta e o folclore inglés. A órbita de Puck descansa entre os aneis de Urano e a primeira das grandes lúas de Urano, Miranda. Puck ten unha forma cuasi-esférica e un diámetro aproximado de 162 km.[2] Ten unha superficie escura inzada de cráteres, a cal amosa sinais de xeo de auga no seu espectro.[7]

Datos rápidos Descubrimento, Descuberta por ...
Puck
Thumb
Descubrimento
Descuberta por Stephen P. Synnott / Voyager 2
Descuberta en 30 de decembro de 1985
Características orbitais
Radio orbital medio 86.004,444 ± 0,064 km[1]
Excentricidade 0,00012 ± 0,000061 [1]
Período orbital 0,76183287 ± 0,000000014 d[1]
Inclinación 0,31921 ± 0,021° (respecto do ecuador de Urano)[1]
é satélite de Urano
Características físicas
Radio medio 81 ± 2 km[2]
Área superficial ~82.400 km²[3]
Volume ~2.225.000 km³[3]
Masa ~2,9 x 1018 kg[3]
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial ~0,028 m/s2[3]
Velocidade de escape ~0,069 km/s[3]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,11 ± 0,015 (xeométrico)
0.035 ± 0.006 (establecido) a 0,55 μm[4]
Temperatura superficial ~64 K[3]
Magnitude aparente 20,5 [5]
Pechar

Descubrimento e nomeamento

Pucka lúa interior máis grande de Urano foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 30 de decembro do 1985. Recibiu a designación temporal de S/1985 U 1.[8]

A lúa recibiría máis tarde o nome de Puck, que aparece na obra de William Shakespeare, A Midsummer Night's Dream, coma un trasgo que viaxa pola noite a través do globo acompañando ás fadas. Na mitoloxía celta e no folclore inglés, Puck era un trasgo falcatrueiro, imaxinado polo cristiáns coma un diaño. A lúa tamén foi designada coma Urano XV.[9]

Características físicas

Puck é a lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano, e orbita Urano nunha órbita inmediatamente máis interior cá de Miranda. Ten un tamaño intermedio entre Portia (a segunda lúa máis grande entre as lúas interiores de Urano) e Miranda (a máis pequena das cinco lúas clásicas de Urano). A órbita de Puck está localizada entre os aneis de Urano e Miranda. Pouco máis se coñece de Puck, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de aproximadamente 81 km,[2] e o seu albedo xeométrico no espectro visible de aproximadamente 0,1.[4]

Das lúas descubertas polo equipo de imaxes da Voyager 2, só Puck foi descuberta o suficientemente cedo coma para reprogramar algúns dos equipos fotográficos da sonda para así poder obter imaxes con máis detalle.[6] As imaxes amosan a Puck cunha forma cuasi-esférica cun relación entre os eixos de 0,97 ± 0,04).[2] A súa superficie está inzada de cráteres[5] e é de cor gris.[2] Hai tres cráteres na superficie de Puck que recibiron nomes oficiais, o máis grande ten 45 km de diámetro.[6] Observacións feitas co Telescopio Espacial Hubble e con telescopios terrestres de grande alcance atoparon liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Puck.[4][7]

Non se coñecen nada da estrutura interna de Puck. Semella estar feita dunha mestura de xeo de auga con materiais escuros semellantes os atopados nos aneis de Urano.[7] Estes materiais probablemente sexan rochas ou compostos orgánicos. A ausencia de cráteres con sistemas de raios implicaría que non hai separación entre os xeos e o resto de compoñentes, e que tampouco están separados por capas, carecendo así dun núcleo e un manto con distintos tipos de materiais.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.