Pterocles

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Pterocles

Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas[1] ou cortizois[2]. Inclúe todas as especies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (como a ganga das estepas[3]).

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Pterocles

Spotted sandgrouse
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pterocliformes
Familia: Pteroclidae
Xénero: Pterocles
Temminck, 1815
Especie tipo
'Tetrao alchata (hoxe Pterocles alchata)
Linnaeus, 1766
Especies

Ver texto

Pechar

Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.

As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.

Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.

Taxonomía

O xénero Pterocles foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck.[4] O zoólogo inglés George Robert Gray designou despois a ganga de barriga branca (hoxe Pterocles alchata) como especie tipo.[5][6] O nome do xénero significa 'á espléndida', do grego pteron, 'á' e -klēs, 'notable, espléndida'.[7]

Especies

O xénero contén 14 especies existentes:[8]

Máis información Imaxe, Nome común ...
ImaxeNome comúnNome científicoDistribución
Thumbganga de barriga brancaPterocles alchataNorte de África e Oriente Próximo, Turquía, Irán, Iraq e Casaquistán, España, Portugal
ThumbPterocles namaquaAngola, Namibia, Zimbabwe, Botswana, Lesotho e Suráfrica
ThumbPterocles exustusÁfrica do norte e central e sur de Asia
ThumbPterocles senegallusMarrocos, Alxeria, Tunisia, Libia, Sudán, Exipto, Eritrea, Somalia, Etiopía, Xibutí, Mali, Mauritania, Chad e Níxer
Thumbganga de barriga negraPterocles orientalisIberia, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel
ThumbPterocles coronatusNorte de África e Oriente Próximo
ThumbPterocles gutturalisAngola, Botswana, Eritrea, Etiopía, Kenya, Namibia, Suráfrica, Tanzania, Zambia e Zimbabwe.
ThumbPterocles burchelliAngola, Namibia, Botswana, Zambia, Zimbabwe e Suráfrica
ThumbPterocles personatusMadagascar
ThumbPterocles decoratusEtiopía, Kenya, Somalia, Tanzania e Uganda.
ThumbPterocles lichtensteiniiAlxeria, Chad, Xibutí, Exipto, Eritrea, Etiopía, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal, Somalia, Sudán, Uganda, Irán, Iraq, Xordania, Omán, Paquistán, Palestina, Arabia Saudita, Israel, Emiratos Árabes Unidos e Iemen.
ThumbPterocles bicinctussur de África.
ThumbPterocles indicusBangladesh, India e Paquistán.
ThumbPterocles quadricinctusÁfrica desde Mauritania e Camerún e ao leste ata Sudán e Uganda
Pechar

Ademais, coñécese unha especie fósil, Pterocles bosporanus, do Plistoceno temperán de Crimea.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.