From Wikipedia, the free encyclopedia
A psicose[3] é un termo xenérico empregado en psiquiatría e psicanálise para referirse a un estado mental descrito como unha escisión ou perda de contacto coa realidade.[4] As persoas que experimentan psicoses poden presentar alucinacións ou delirios e poden exhibir cambios na súa personalidade e pensamento desorganizado.[5] Estes síntomas poden ser acompañados por un comportamento infrecuente ou estraño, así como por dificultade para interactuar socialmente e incapacidade para levar a cabo actividades da vida diaria.[5] O termo "psicose" é moi amplo e pode incluír dende experiencias aberrantes relativamente normais até expresións catatónicas de esquizofrenia e trastorno bipolar.[6][7][8]
Unha ampla variedade de elementos do sistema nervioso, tanto orgánicos como funcionais, poden causar unha reacción psicótica. Isto levou á crenza de que a psicose é como a «febre» das enfermidades mentais, un indicador serio pero non específico.[9][10] Porén, moitas persoas teñen experiencias infrecuentes e de distorsión da realidade nalgún momento das súas vidas, sen volverse discapacitadas ou nin sequera angustiadas por estas experiencias.
Como resultado, certa corrente de investigadores argumenta que a psicose non está fundamentalmente separada dunha conciencia normal, senón máis ben é un continuum con conciencia normal.[11] Dende esta perspectiva, as persoas que son diagnosticadas clinicamente como psicóticas poden estar a ter simplemente experiencias particularmente intensas ou angustiantes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.