Protoporfirina IX

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Protoporfirina IX

A protoporfirina IX é un composto tetrapirrólico con catro cadeas laterais (catro de metilo, dúas de vinilo e dúas de ácido propiónico), que pode coordinar un ión metálico na súa parte central. É un precursor da síntese do grupo hemo. Prodúcese a partir do protoporfirinóxeno IX pola acción da protoporfirinóxeno oxidase e convértese en hemo B por acción da ferroquelatase.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Protoporfirina IX
Thumb
Identificadores
Número CAS 553-12-8
PubChem 4971
ChEBI CHEBI:15430
Propiedades
Fórmula molecular C34H34N4O4
Masa molecular 562,658 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Pechar

Biosíntese da protoporfirina IX

A protoporfirina IX é un importante precursor de grupos prostéticos bioloxicamente esenciais como o hemo, citocromo c, e clorofilas. Como resultado, moitos organismos poden sintetizar este tetrapirrol a partrir de precursores básicos como glicina e succinil-CoA, ou glutamato. Malia a gran cantidade de organismos que sintetizan a protoporfirina IX o proceso está moi conservado desde as bacterias aos mamíferos cunhas poucas excepcións entre as plantas superiores.[1][2][3]

Thumb

Biosíntese do hemo B

Na biosíntese do hemo o encima ferroquelatase converte a protoporfirina IX en hemo B (tamén chamado Fe-protoporfirina IX ou protohemo IX).

Thumb
Síntese do hemo. Algnhas das reaccións son citoplasmáticas e outras mitocondriais.


Biosíntese da clorofila

Na biosíntese da clorofila, o encima magnesio quelatase converte a protoporfirina IX en Mg-protoporfirina IX.[4]

Pintas das cascas de ovos

A protoporfirina IX deposítase nas cascas de ovo dalgunhas aves dando lugar a unha coloración avermellada ou parda a pintas ou de fondo.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.