From Wikipedia, the free encyclopedia
Progress M1, tamén coñecida como Progress 7KTGM1 e polo seu índice GRAU como 11F615A55, é unha versión mellorada das naves de carga soviéticas/rusas Progress 7K-TG e, derivadas á súa vez das naves tripuladas Soiuz, utilizadas para levar cargamento (víveres e instrumentos) ás estacións Mir primeiro e ISS despois. As Progress M1 foron o resultado da optimización das naves Progress para levar carga á ISS.[1][2]
As naves Progress M teñen un tamaño similar ás Soiuz e unha masa lixeiramente maior. Son capaces de acoplarse automaticamente co seu destino, aínda que se poden pilotar remotamente en caso necesario, e poden usar os seus motores para elevar a órbita da estación.[1][2]
Son lanzadas mediante foguetes Soiuz U e Soiuz FG, os mesmos que lanzan as naves Soiuz, coa diferenza de que non se usa torre de escape ao tratarse de naves non tripuladas. Despois de insertadas en órbita tardan uns dous días en achegarse á estación. Despois de cumprir a súa misión, normalmente tras permanecer dous ou tres meses acopladas, as Progress desacóplanse da estación e reentran na atmosfera, destruíndose. Nalgúns casos poden levar unha pequena cápsula de reentrada no interior do mecanismo de acoplamento e na que os astronautas poden introducir pequenas cargas, como resultados de experimentos científicos, para ser devoltas a terra con seguridade.[1][2]
As Progress están compostas, igual que as Soiuz, por tres módulos:[1][2]
As naves poden levar un total de ata 3200 kg, repartidos do seguinte xeito (en cantidades máximas):[2]
Nave[1][2] | Data[1][2] | Sitio de lanzamento[1][2] | Lanzador[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Progress-M1 1 | 1 de febreiro de 2000 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | Primeiro voo. |
Progress-M1 2 | 25 de abril de 2000 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 3 | 6 de agosto de 2000 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 4 | 16 de novembro de 2000 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 5 | 24 de xaneiro de 2001 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 6 | 20 de maio de 2001 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz FG | Éxito | |
Progress-M1 7 | 26 de novembro de 2001 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz FG | Éxito | Lanzada xunto co satélite Kolibri 2000. |
Progress-M1 8 | 21 de marzo de 2002 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 9 | 25 de setembro de 2002 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz FG | Éxito | |
Progress-M1 10 | 8 de xuño de 2003 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | |
Progress-M1 11 | 29 de xaneiro de 2004 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz U | Éxito | Último voo. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.