From Wikipedia, the free encyclopedia
Progress M, tamén coñecida como Progress 7KTGM e polo seu índice GRAU como 11F615A55 e 11F615A60, é unha versión mellorada das naves de carga soviéticas/rusas Progress 7K-TG, derivadas á súa vez das naves tripuladas Soiuz, utilizadas para levar cargamento (víveres e instrumentos) ás estacións Mir primeiro e ISS despois.[1][2][3]
Progress M | |
---|---|
Progress M-52, unha nave de tipo Progress M | |
Tipo | Carga |
Fabricante | RKK, RAKA[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz U, Soiuz U2, Soiuz 2-1a[1][2][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[1][2][3] |
Obxectivo da misión | Envío de carga a estacións espaciais tripuladas.[1][2][3] |
Masa | 7250 kg[1][2][3] |
Potencia | 600 vatios[1][2][3] |
As naves Progress da clase M pódense dividir nas naves da clase orixinal e na clase mellorada, coa diferenza principal de que as primeiras usaban un ordenador Argon 16 como o das Progress orixinais mentres que as segundas comezaron a utilizar unha computadora TsVM-101, moito máis lixeira (70 kg contra 8,3 kg). Outra diferenza é o uso dun sistema de telemetría dixital máis lixeiro (denominado MBITS) que o sistema analóxico das primeiras. Utilizan ademais un módulo de servizo e sistemas de cita e amarre herdados das naves Soiuz T. As Progress M orixinais numéranse de maneira normal (Progress M-1, Progress M-2...) mentres que as melloradas engaden unha "M" ao final (Progress M-1M, Progress M-2M...).[1][2][3]
As naves Progress M teñen un tamaño similar ás Soiuz e unha masa lixeiramente maior. Son capaces de acoplarse automaticamente co seu destino, aínda que se poden pilotar remotamente en caso necesario, e poden usar os seus motores para elevar a órbita da estación.[1][2][3]
Son lanzadas mediante foguetes Soiuz U, Soiuz U2 e Soiuz 2-1a, os mesmos que lanzan as naves Soiuz, coa diferenza de que non se usa torre de escape ao tratarse de naves non tripuladas. Despois de insertadas en órbita tardan uns dous días en achegarse á estación. Despois de cumprir a súa misión, as Progress desacóplanse da estación e reentran na atmosfera, destruíndose. Nalgúns casos poden levar unha pequena cápsula de reentrada no interior do mecanismo de acoplamento e na que os astronautas poden introducir pequenas cargas, como resultados de experimentos científicos, para ser devoltas a terra con seguridade.[1][2][3]
As Progress están compostas, ao igual que as Soiuz, por tres módulos:[1][2][3]
As naves poden levar un total de 2350 kg, repartidos do seguinte xeito (en cantidades máximas):[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.