From Wikipedia, the free encyclopedia
O Prince of Wales Trophy,[1] tamén coñecido como Wales Trophy, é un trofeo entregado pola National Hockey League (NHL) ao campión da Conferencia Leste (anteriormente Conferencia Wales) nos play-offs, antes dos partidos das series finais pola Stanley Cup. Chamado así en honor ao Príncipe Eduardo, Príncipe de Gales (posteriormente Rei Eduardo VIII, e logo Duque de Windsor), o trofeo foi entregado por primeira vez na tempada 1925-26 ao campión do primeiro partido no Madison Square Garden e logo entregouse ao campión dos play-offs da NHL (incluíndo as dúas tempadas anteriores); con todo, o trofeo foi entregado atendendo a oito distintos significados ao longo da súa historia, entre eles ao campión na liga regular da American Division, o campión da liga regular da NHL, o campión da tempada na East Division, o campión da Conferencia Wales na liga regular, o campión da Conferencia Wales nos play-offs, e o campión da Conferencia Leste nos play-offs. O actual defensor do título do Prince of Wales Trophy son os Washington Capitals, logo de gañar o título da Conferencia Leste na tempada 2017-18.
O Prince of Wales Trophy foi anunciado por primeira vez en decembro de 1925. O trofeo, patrocinado polo Príncipe de Gales e co escudo de armas real custou 2.500$, e estaba destinado a ser posesión do campión da liga.[2] Foi orixinalmente entregado ao gañador do primeiro partido xogado no Madison Square Garden, que tivo lugar o 15 de decembro de 1925 (Montreal Canadiens 3 vs New York Americans 1). O trofeo foi entón retido polos Canadiens ata o final da tempada.[3][4] Os Canadiens inscribiron o seu nome no trofeo dúas veces, na tempada 1924–25, e na tempada precedente, a 1923–24, por ser os campións de liga.
Posteriormente foi entregado ao campión dos play-offs da NHL nas tempadas 1925–26 e 1926–27 (xunto coa O'Brien Cup), antes de que o equipo pasara a enfrontarse ao campión da Western Hockey League (WHL) pola Stanley Cup ao final das dúas ligas. Dende a tempada 1927-28, o trofeo foi entregado ao campión da American Division da NHL, mentres que a O'Brien Cup foi entregada ao campión da Canadian Division, ata 1938, cando, logo de que a NHL voltara a unha soa división, o Wales Trophy converteuse no trofeo ao campión da liga regular.[5]
Coa expansión da NHL en 1967, e a creación da West Division, o Wales Trophy pasou a ser entregado ao equipo que finalizaba na primeira posición da East Division, durante a liga regular. Cando a liga creou dúas conferencias en 1974, o trofeo mudou de novo o seu significado, sendo entregado ao equipo que finalizara co mellor rexistro da liga regular na Wales Conference, ata 1981. A NHL mudou o seu formato de play-offs para que os dous campións de conferencia nos play-offs se puideran enfrontar pola Stanley Cup. O Prince of Wales Trophy foi presentado aos campións da Wales Conference nos play-offs. No verán de 1993 a Wales Conference foi renomeada Conferencia Leste. O Prince of Wales Trophy ten sido entregado ao campión da Conferencia Leste nos play-offs dende a tempada 1993-94.[5]
Existe unha superstición tradicional que permanece en moitos dos xogadores actuais da NHL pola que ningún xogador debe tocar ou erguer os trofeos Campbell (campión da Conferencia Oeste) ou o Prince of Wales (campión da Conferencia Leste) despois de ter gañado os play-offs de conferencia; eses xogadores senten que a Stanley Cup é o verdadeiro trofeo de campión e a causa diso debe ser o único o único trofeo que ergan. En lugar de tocar o trofeo de conferencia, o capitán do equipo gañador simplemente posa (habitualmente de forma solemne) co trofeo, e ás veces, todo o equipo posa con el. Con todo, houbo outros equipos que ignoraron a superstición e ergueron os trofeos de conferencia, e logo conseguiu gañar a Stanley Cup de todos xeitos.[6]
O capitán dos Tampa Bay Lightning, Steven Stamkos, levou a superstición a un nivel extremo durante os play-offs de 2015. Logo da vitoria de Lightning por 2 goles a 0 fronte aos New York Rangers no Madison Square Garden, Stamkos negouse a darlle a man ao Deputy Commissioner da NHL Bill Daly e negouse a mirar o trofeo antes de posar para a fotografía obrigatoria. O equipo de Tampa tamén se negou a posar para unha fotografía de equipo co trofeo.[7]
Vitorias | Equipo |
---|---|
25 | Montreal Canadiens |
18 | Boston Bruins |
13 | Detroit Red Wings |
5 | New Jersey Devils |
4 | New York Rangers |
Pittsburgh Penguins | |
Philadelphia Flyers | |
3 | Buffalo Sabres |
New York Islanders | |
2 | Chicago Black Hawks |
Carolina Hurricanes | |
Tampa Bay Lightning | |
Toronto Maple Leafs | |
1 | Florida Panthers |
Montreal Maroons | |
Ottawa Senators | |
Ottawa Senators[nb 1] | |
Washington Capitals |
Os Canadiens foron os campións de liga esas dúas tempadas.
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1923-24 | Montreal Canadiens †a | 1 |
1924-25 | Montreal Canadiens | 2 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1925-26 | Montreal Maroons * † | 1 |
1926-27 | Ottawa Senators[nb 1] *† | 1 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1927-28 | Boston Bruins | 1 |
1928-29 | Boston Bruins † | 2 |
1929-30 | Boston Bruins | 3 |
1930-31 | Boston Bruins | 4 |
1931-32 | New York Rangers | 1 |
1932-33 | Boston Bruins | 5 |
1933-34 | Detroit Red Wings † | 1 |
1934-35 | Boston Bruins | 6 |
1935-36 | Detroit Red Wings † | 2 |
1936-37 | Detroit Red Wings † | 3 |
1937-38 | Boston Bruins | 7 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1938-39 | Boston Bruins † | 8 |
1939-40 | Boston Bruins | 9 |
1940-41 | Boston Bruins † | 10 |
1941-42 | New York Rangers | 2 |
1942-43 | Detroit Red Wings † | 4 |
1943-44 | Montreal Canadiens † | 3 |
1944-45 | Montreal Canadiens | 4 |
1945-46 | Montreal Canadiens † | 5 |
1946-47 | Montreal Canadiens | 6 |
1947-48 | Toronto Maple Leafs † | 1 |
1948-49 | Detroit Red Wings | 5 |
1949-50 | Detroit Red Wings† | 6 |
1950-51 | Detroit Red Wings | 7 |
1951-52 | Detroit Red Wings † | 8 |
1952-53 | Detroit Red Wings | 9 |
1953-54 | Detroit Red Wings ¤ † | 10 |
1954-55 | Detroit Red Wings † | 11 |
1955-56 | Montreal Canadiens † | 7 |
1956-57 | Detroit Red Wings | 12 |
1957-58 | Montreal Canadiens † | 8 |
1958-59 | Montreal Canadiens † | 9 |
1959-60 | Montreal Canadiens † | 10 |
1960-61 | Montreal Canadiens | 11 |
1961-62 | Montreal Canadiens | 12 |
1962-63 | Toronto Maple Leafs† | 2 |
1963-64 | Montreal Canadiens | 13 |
1964-65 | Detroit Red Wings | 13 |
1965-66 | Montreal Canadiens † | 14 |
1966-67 | Chicago Black Hawks | 1 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1967-68 | Montreal Canadiens † | 15 |
1968-69 | Montreal Canadiens † | 16 |
1969-70 | Chicago Black Hawks | 2 |
1970-71 | Boston Bruins | 11 |
1971-72 | Boston Bruins † | 12 |
1972-73 | Montreal Canadiens ^ † | 17 |
1973-74 | Boston Bruins | 13 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1974-75 | Buffalo Sabres | 1 |
1975-76 | Montreal Canadiens † | 18 |
1976-77 | Montreal Canadiens † | 19 |
1977-78 | Montreal Canadiens † | 20 |
1978-79 | Montreal Canadiens † | 21 |
1979-80 | Buffalo Sabres | 2 |
1980-81 | Montreal Canadiens | 22 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1981-82 | New York Islanders † | 1 |
1982-83 | New York Islanders † | 2 |
1983-84 | New York Islanders | 3 |
1984-85 | Philadelphia Flyers | 1 |
1985-86 | Montreal Canadiens † | 23 |
1986-87 | Philadelphia Flyers | 2 |
1987-88 | Boston Bruins | 14 |
1988-89 | Montreal Canadiens | 24 |
1989-90 | Boston Bruins | 15 |
1990-91 | Pittsburgh Penguins † | 1 |
1991-92 | Pittsburgh Penguins † | 2 |
1992-93 | Montreal Canadiens † | 25 |
Tempada | Campión | Vitoria # |
---|---|---|
1993-94 | New York Rangers † | 3 |
1994-95 | New Jersey Devils † | 1 |
1995-96 | Florida Panthers | 1 |
1996-97 | Philadelphia Flyers | 3 |
1997-98 | Washington Capitals | 1 |
1998-99 | Buffalo Sabres | 3 |
1999-00 | New Jersey Devils † | 2 |
2000-01 | New Jersey Devils | 3 |
2001-02 | Carolina Hurricanes | 1 |
2002-03 | New Jersey Devils † | 4 |
2003-04 | Tampa Bay Lightning † | 1 |
2004-05 | Non houbo campión a causa do lockout da NHL 2004–05 | Tempada cancelada |
2005-06 | Carolina Hurricanes † | 2 |
2006-07 | Ottawa Senators | 1 |
2007-08 | Pittsburgh Penguins | 3 |
2008-09 | Pittsburgh Penguins † | 4 |
2009-10 | Philadelphia Flyers | 4 |
2010-11 | Boston Bruins † | 16 |
2011-12 | New Jersey Devils | 5 |
2012-13 | Boston Bruins | 17 |
2013-14 | New York Rangers | 4 |
2014-15 | Tampa Bay Lightning | 2 |
2015-16 | Pittsburgh Penguins † | 5 |
2016-17 | Pittsburgh Penguins † | 6 |
2017-18 | Washington Capitals † | 2 |
2018-19 | Boston Bruins | 18 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.