artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América.
Os poderes do presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.
É, ademais, o encargado das relacións internacionais do país.
A elección do presidente dos Estados Unidos de América ten unha importancia crucial, xa que afecta directa ou indirectamente a todo o mundo. Unha lexislatura dura 4 anos, e o presidente só pode ser reelixido unha vez, polo tanto os mandatos están limitados a 8 anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.