Premio Arcebispo Xoán de San Clemente
premio literario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Arcebispo Xoán de San Clemente,[1] é un galardón con dotación económica que se falla anualmente en Santiago de Compostela e distingue obras de narrativa en lingua galega, castelá e outras de literatura estranxeira. A súa primeira edición foi en 1995 mais na edición de 2019 pasou a chamarse comercialmente Premio San Clemente Rosalía-Abanca.[2]
Historia e características
O xurado deste premio está conformado por alumnos de bacharelato do IES Rosalía de Castro de Compostela e outros catro institutos máis de Galicia, elixidos ao chou. Ten por obxecto o fometo da lectura entre a mocidade. A dotación en 2015 era de 9.000 euros para a mellor novela do ano en cada modalidade: novela galega, novela española, novela estranxeira.
Os únicos escritores premiados en máis dunha ocasións son o vigués Pedro Feijoo (en 2014 e 2016), o catalán Javier Cercas (2007 e 2016) e mais o irlandés Colm Tóibín (2012 e 2016).[3]
Lista de gañadores
Edición | Ano | Novela galega | Novela española[4] | Novela nunha lingua estranxeira[4] |
---|---|---|---|---|
I | 1995 | Suso de Toro, por Tic-Tac | Mario Vargas Llosa, por Lituma en los Andes ("Lituma nos Andes") | Tariq Ali, por Shadows of the Pomegranate Tree ("Sombras da milgranda") |
II | 1996 | Xurxo Borrazás por Criminal | Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mí ("Mañá na batalla pensa en min") | Jostein Gaarder por Sofies verden ("O mundo de Sofía") |
III | 1997 | Miguel Anxo Murado por Ruído Aníbal Malvar por Unha noite con Carla (ex aequo) |
Antonio Soler, por Los héroes de la frontera ("Os heroes da fronteira") | Antonio Tabucchi por Sostiene Pereira ("Sostén Pereira") |
IV | 1998 | Gonzalo Navaza, por Erros e Tánatos | Jaime Bayly, por Los últimos días de “La Prensa” ("Os últimos días de La Prensa") | José Saramago, por Ensaio sobre a cegueira |
V | 1999 | Manuel Rivas, por O lapis do carpinteiro | Carmen Martín Gaite por Irse de casa ("Irse da casa") | Alessandro Baricco por Castelli di rabbia ("Castelos de rabia") |
VI | 2001 | Xelís de Toro, por Os saltimbanquis no paraíso | Hernán Rivera Letelier, por Fatamorgana con banda de música | Paul Auster, por Timbuktu ("Tombouctou") |
VII | 2002 | Bento da Cruz, por A Loba | Manuel de Lope por La sangre ajena ("O sangue alleo") | Milan Kundera por L'ignorance ("A ignorancia") |
VIII | 2003 | Marilar Aleixandre, por Teoría do caos | Laura Restrepo por Leopardo al sol ("Leopardo ao sol") | Amélie Nothomb por Méthaphysique des tubes ("Metafísica dos tubos") |
IX | 2004 | Rosa Aneiros por Resistencia | Almudena Grandes por Los aires difíciles ("Os aires difíciles") | Jonathan Coe por The Rotters' Club ("O club dos canallas") |
X | 2005 | Pilar Buela por Ácaros verdes | Carlos Fuentes por La silla del águila ("A cadeira da aguia") | Jeffrey Eugenides por Middlesex |
XI | 2006 | Teresa Moure por A xeira das árbores | Álvaro Pombo por Una ventana al norte ("Unha xanela ao norte") | Melania G. Mazzucco por Vita |
XII | 2007 | Isidro Novo por Un escuro rumor tralo silencio | Javier Cercas por La velocidad de la luz ("A velocidade da luz") | Abraham B. Yehoshua por Hakalá hameshajreret ("A noiva liberada") |
XIII | 2008 | María Reimóndez por O club da calceta | Vicente Molina Foix por El abrecartas ("O abrecartas") | Haruki Murakami por Umibe no Kafuka ("Kafka na orela") |
XIV | 2009 | Anxos Sumai por Así nacen as baleas | Luis Landero por Hoy, Júpiter ("Hoxe, Xúpiter") | Julian Barnes por Arthur & George ("Arthur e George") |
XV | 2010 | Inma López Silva por Memoria de Cidades sen luz | Ignacio Martínez de Pisón por Dientes de leche ("Dentes do leite") | Henning Mankell por Kinesen ("O chinés") |
XVI | 2011 | An Alfaya por Areaquente | William Ospina por El país de la canela ("O país da canela") | Erri De Luca por Il giorno prima della felicità ("O día antes da felicidade") |
XVII | 2012 | Xulia Alonso por Futuro imperfecto | Eduardo Mendoza por Riña de gatos ("Rifa de gatos") | Colm Tóibín por Brooklyn |
XVIII | 2013[5] | Xavier Queipo por Extramunde[6] | Marina Mayoral por Deseos ("Desexos")[6] | Peter Stamm por Sieben Jahre ("Sete anos")[6] |
XIX | 2014[7] | Pedro Feijoo por Os fillos do mar[8] | Arturo Pérez-Reverte por El tango de la guardia vieja ("O tango da garda vella")[8] | Petros Márkaris por Pereosi ("Rescisión")[8] |
XX | 2015[9] | Carlos G. Reigosa por A Vitoria do perdedor[10] | Juan Gabriel Vásquez por Las reputaciones ("As reputacións")[10] | Jöel Dicker por La vérite sur l'affaire Harry Quebert ("A verdade sobre o caso Harry Quebert")[10] |
XXI | 2016[11] | Pedro Feijoo por A memoria da choiva[12][13] | Javier Cercas por El impostor ("O impostor")[13] | Colm Tóibín por The testament of Mary ("O testamento de María")[13] |
XXII | 2017[14] | Xabier Quiroga por Izan o da saca[15] | Sara Mesa por Cicatriz[15] | Pierre Lemaitre por Irène[15] |
XXIII | 2018[16] | Xosé Monteagudo por Todo canto fomos[17] | Fernando Aramburu por Patria[17] | Ralf Rothmann por Im Frühling sterben (Morrer en primavera)[17] |
XXIV | 2019[18] | Marcos Calveiro por O xardineiro dos ingleses[19] | Pedro Mairal por La uruguaya (A uruguaia)[19] | Han Kang por 채식주의자 (A vexetariana)[19] |
XXV | 2021[20] | Emma Pedreira por Besta do seu sangue[21] | Carlos Busqued por Magnetizado[21] | Antonio Manzini por 7-7-2017[21] |
XXVI | 2022[22] | María Rei Vilas por Flores de Ferro[23][24] | Sara Jaramillo por Donde cantan las ballenas[23][24] (Onde cantan as baleas) | Audur Ava Ólafsdóttir por Ungfrú Ísland (Miss Islandia)[23][24] |
XXVII | 2023[25] | Sica Romero por Avelaíñas eléctricas[26] | Brenda Navarro, por Ceniza en la boca[26] (Cinsa na boca) | Nell Leyshon, por The Singing School (A escola de canto)[26] |
XXVIII | 2024[27] | Antón Riveiro Coello por Hotel Carioca | Alejandro Zambra por Literatura infantil | Maggie O’Farrell por The Marriage Portrait |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.