Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Ada Byron do CPEIG é un galardón que outorga anualmente o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) coa finalidade de dar visibilidade á participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación, investigadoras e líderes do sector das novas tecnoloxías.[1]. Leva o nome de Ada Byron.
Este galardón é unha das categorías que se inscríben nos premios anuais que outorga o ente colexial durante a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, unha cea gala onde o CPEIG pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiros e enxeñeiras en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC[2]. A primeira edición do Premio Ada Byron tivo lugar en 2012.[3]
Estas son as mulleres premiadas nas distintas edicións:[4]
O Colexio valorou a intensa traxectoria profesional da galardoada, enxeñeira Informática pola Universidade da Coruña, e a súa implicación na defensa da Enxeñaría en Informática. Socia fundadora de Imaxin Software, empresa na que é directora da área especializada no desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia, Luz Castro é profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña desde o ano 2008. A premiada foi vicepresidenta da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (Eganet) entre os anos 2008 e 2010. No ano 1994 fundou a Plataforma polo Galego na Informática e foi vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística no período 2002 /2004.[3]
O Colexio valorou a intensa traxectoria investigadora e docente da galardoada, enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña, que -con tan só 29 anos- ostentou o cargo de vicedecana na Facultade de Informática coruñesa. Durante a súa etapa de estudante, foi galardoada co Primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira de Enxeñaría Informática do Ministerio de Educación, co Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade da Coruña e co Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información, outorgado pola Sociedade Española de Recuperación da Información.[5]
O Colexio recoñeceu o labor desta muller, Vicecoordinadora-responsable científica do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña. É doutora en Informática pola UDC, universidade na que desenvolve a súa carreira profesional como docente e investigadora desde o ano 1993. Profesora titular no Departamento de Computación da Facultade de Informática da UDC, é membro activo do Grupo de Investigación LIDIA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial). Tamén é adxunta ao coordinador da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) para a subárea científica de Sistemas Intelixentes[6]
O Colexio recoñeceu o labor desta muller, enxeñeira superior en Informática e traballadora na Organización Europea de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra. É a subdirectora do grupo de Servizos de Bases de Datos e a responsable das bases de datos de toda a organización, desde os sistemas de control de aceleradores, as aplicacións de enxeñaría e administración e os experimentos do LHC (Gran Colisor de Hadróns). Así mesmo, a premiada é coordinadora do centro de competencia de bases de datos do programa CERN-Openlab.[7]
O Colexio recoñeceu o labor desta muller, catedrática da Universidade da Coruña da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos. En 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia, que dirixe desde entón. Impulsou en 2002 a creación dunha empresa spin-off denominada ENXENIO S.L. que, baseándose na innovación, comercializa produtos informáticos punteiros. O seu traballo de investigación deu lugar a numerosas publicacións en foros internacionais de primeiro nivel e as súas contribucións na recuperación de información, compresión e indexación de textos, bibliotecas dixitais e sistemas de información xeográfica son citadas internacionalmente.[8]
O Colexio recoñeceu o labor desta muller, Licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no sector TI en Lambda Internacional, unha multinacional americana de consultaría de TI. Posteriormente incorporouse á división Data Management de IBM, primeiro na área de servizos e despois na área de Software. Máis tarde, converteuse na responsábel de vendas de Software para o Sector Financeiro en IBM e despois na responsábel de Vendas Globais para BBVA en IBM, onde se familiarizou coas negociacións en contornas internacionais.[9]
O CPEIG valorou a súa meteórica progresión profesional, seleccionada pola plataforma Women 2.0 como unha das doce enxeñeiras máis importantes en Silicon Valle en 2018. Titulada pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña, Miriam Pena conta con máis de 10 anos de experiencia en sistemas escalables, de alto rendemento e concorrencia (execución de múltiples tarefas interactivas). A enxeñeira traballa na compañía de software publicitario AdRoll en San Francisco (EEUU), onde desempeña a función de staff engineer -–enxeñeira de persoal–, un dos postos máis relevantes dentro dunha compañía tecnolóxica onde se encarga de deseñar e implementar partes críticas da infraestrutura de ofertas en tempo real.[10]
O Colexio quiso destacar o seu importante labor nos ámbitos divulgativo e investigador, a súa relevante traxectoria internacional, o seu compromiso co fomento de vocacións tecnolóxicas (poñendo o foco no potencial das mozas) e o destacado traballo como directora do programa Mujeres na Ciencia e na Enxeñería. Mónica Fernández Bugallo é profesora de comunicación dixital e procesamento do sinal do Departamento de Enxeñería Eléctrica e Informática da Universidade de Stony Brook en Nova York, ademais de directora do Programa Mulleres na Ciencia e a Enxeñería (WISE – Women in Science & Engineering) desde 2016.[11]
O Colexio recoñeceu o labor desta muller, enxeñeira en Google Research, onde traballa en ferramentas para Reinforcement Learning –aprendizaxe por reforzo–, unha rama do Machine Learning. Sabela ramos obtivo o seu doutoramento en Computación de Altas Prestacións na Universidade da Coruña (UDC) e realizou un posdoutoramento na Escola Politécnica Federal de Zúric (ETH Zúric) onde investigou para crear modelos matemáticos do rendemento de microprocesadores. Ademais, Sabela Ramos forma parte do colectivo Google Women in Engineering, onde se estimula a presenza feminina no sector TIC.[12]
O Colexio recoñeceu a "súa achega na aplicación da intelixencia artificial ao ben social e o seu impulso ao enfoque feminino da tecnoloxía".[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.