Remove ads
enxeñeira e doutora en informática From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana Freire Veiga, nada en Rábade en 1983, é unha enxeñeira informática profesora na Universidade Pompeu Fabra onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade. É a fundadora de Wisibilízalas.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) Rábade, España |
Educación | Universidade da Coruña - ciencias da computación (–2014) |
Director de tese | Fidel Cacheda (en) |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra Universidade da Coruña |
Premios | |
| |
Sitio web | anafreire.es |
Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola Universidade da Coruña. Traballou en diversas institucións e empresas, como a Universidade de Glasgow, o Centro Nacional de Investigación de Italia ou o Yahoo Labs. Dende setembro de 2015 é profesora e investigadora na UPF, onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade.
Coa súa investigación pretende aplicar a tecnoloxía en xeral e a intelixencia artificial en particular a problemas sociais, como a saúde mental.[2] Lidera o proxecto STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms) cuxo obxectivo é detectar enfermedades mentais nas redes sociais. Tamén traballa analizando datos que permitan entender mellor algunhas enfermidades neurolóxicas, como a esclerose múltiple.[3]
É a fundadora de Wisibilízalas, un concurso internacional que pretende rachar cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciar referentes femeninos entre o alumnado e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.