From Wikipedia, the free encyclopedia
O Porta XI Ensino, coñecido por motivos de patrocinio como Durán Maquinaria Ensino, é un equipo de baloncesto profesional feminino da cidade de Lugo (Galiza). Fundado en 1980, actualmente compite na Liga Feminina de Baloncesto (Liga Endesa), máxima categoría do baloncesto feminino español, e na Eurocup. O Ensino chegou por vez primeira á Primeira División no ano 1995, chegando en catro ocasións ás semifinais polo título de liga e sendo dúas veces subcampioas da Copa da Raíña. Tamén conseguiron dous títulos da Copa Galicia. O Ensino xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes, recinto con capacidade para 6.000 espectadores.
Durán Maquinaria Ensino | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Porta XI Ensino Club Baloncesto |
Liga | Liga Endesa / Eurocup |
Fundación | 1980 |
Historia | Club Deportivo Ensino (1980−2005) |
Cores | Vermello, negro, branco |
Presidente | Manuel Durán |
Adestrador | Miguel Ángel Ortega |
Patrocinador | Durán Maquinaria |
Vestimenta | Wibo |
Localización | |
Cidade | Lugo, Galiza |
Pavillón | Pazo dos Deportes |
Capacidade | 6.000 |
Inauguración | 12 de setembro de 1992 |
Campionatos | |
LF 2 | 1 (2018) |
Copa Galicia | 3 (2006, 2018, 2019) |
ensinolugo.com |
O Club Deportivo Ensino naceu no seo da Asociación de Pais do Colexio da Compañía de María de Lugo en 1980. Con anterioridade, os seus equipos recibían o nome do Colexio, mais a partir desta data o club pasa a denominarse Club Deportivo Ensino. Na súa primeira temporada após a súa fundación, o equipo competiu na Segunda División Nacional cun equipo formado case na súa totalidade por xogadoras formadas na canteira do club. Alén diso, contaba con equipos en todas as categoría de formación. O club lucense permaneceu na categoría até a temporada 1986−87, na que, grazas ao segundo posto logrado na clasificación, conseguiu o ascenso á Primeira División "B".[1] Nesta categoría permanecen durante tres temporadas, desde a 1987−88 até a 1989−90, ano no que descenden de categoría.
A temporada 1990−91 comeza co club de volta na Segunda División, mais esta vez conseguen regresar á Primeira "B" en tan só un ano. Tras catro temporadas nesta división, o club consegue na temporada 1994−95 por primeira vez o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga Feminina, após a súa vitoria na fase de ascenso celebrada na Seu d'Urgell. Presidía o club Pilar Linares, sendo o seu adestrador Manel Sánchez. Foi precisamente baixo a presidencia de Pilar Linares Santamarina cando o club comeza a aspirar a outras metas, tentando facer un equipo competitivo que sexa quen de lograr algún título da máxima categoría.[1]
Os resultados non tardaron en chegar da man de Juan Corral como adestrador. Na temporada 1998−99, o Ensino Universidade consegue finalizar a liga regular en primeiro posto, mais finalmente perden nas semifinais polo título ante o Halcón Viajes de Salamanca. O equipo chega ás semifinais de novo nas seguintes dúas temporadas da man de xogadoras como Catarina Pollini, Concepción Delgado, Silvia Crawley, Belén García, Begoña García Piñero, Ingrida Jonkute, Isabel Sánchez, Raquel Álvarez, Regina Gómez, Arantxa Novo ou Maiga Hamchetou. Alén dos bos resultados en liga, o equipo consegue ser dúas veces finalista da Copa da Raíña (1998 e 2002).
Tras dez temporadas consecutivas na máxima categoría, no ano 2005 e coincidindo co vinte e cinco aniversario da súa fundación, o club pasa por unha profunda renovación que levou consigo a mudanza do nome do club, que pasou a chamarse Porta XI Ensino (en referencia ás portas da Muralla de Lugo). Con todo, na seguinte temporada, o equipo na seguinte temporada o equipo finaliza no décimo cuarto lugar da Liga, descendendo tras once anos á Liga Femenina 2. Despois de once temporadas e cinco tentativas de ascenso nos play-offs, o equipo consegue regresar á elite na temporada 2017−18. Nesta campaña, o equipo ocupaba na xornada 11 o noveno posto do Grupo A cun balance de 5 vitorias por 6 derrotas. Con todo, a chegada o club de Claudia Calvelo, Margaret Roundtree, Arantxa Novo e Brittany Miller, levan ao Ensino a gañar 15 partidos de forma consecutiva en Liga Regular, que lle outorgaban o segundo posto. Na fase de ascenso en Valencia, o Ensino gaña os seus catro partidos (para un total de 19 vitorias consecutivas), conseguindo así o seu regreso á Liga Endesa.[2]
Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
O Ensino xoga os seus encontros como local no Pazo dos Deportes, un pavillón inaugurado en 1992, con capacidade para 6.500 espectadores.<ref>"Pazo dos Deportes da Cidade Universitaria". Páxinas Galegas (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021. Á parte do Ensino, tamén xoga no recinto o Club Baloncesto Breogán, equipo de baloncesto masculino da cidade que compite na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto estatal. Alén dos equipos de baloncesto, o pavillón é utilizado esporádicamente para a organización doutros eventos deportivos e culturais.
O Pazo atópase situado no barrio de Acea de Olga da cidade amurallada, no campus da Universidade de Santiago de Compostela, motivo polo cal é ás veces chamado "Pazo Universitario" ou simplemente "Universitario". Conta con pistas de squash, ximnasio e pistas polideportivas anexas. Ademais, conta cun pequeno pavillón anexo adicado ao baloncesto con dúas canchas. Nos arredores hai tamén unha piscina cuberta, pistas de atletismo e un campo de rugby. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Durán Maquinaria Ensino 2021−2022 (Liga Endesa) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadoras | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Ano | Nivel | División | Pos. | Playoff | Copa da Raíña | |
---|---|---|---|---|---|---|
1980–81 | 3 | 2ª División | ||||
1981–82 | 3 | 2ª División | ||||
1982–83 | 3 | 2ª División | ||||
1983–84 | 3 | 2ª División | ||||
1984–85 | 3 | 2ª División | ||||
1985–86 | 3 | 2ª División | ||||
1986–87 | 3 | 2ª División | 2º | |||
1987–88 | 2 | 1ª División B | ||||
1988–89 | 2 | 1ª División B | ||||
1989–90 | 2 | 1ª División B | R | |||
1990–91 | 3 | 2ª División | 1º | |||
1991–92 | 2 | 1ª División B | ||||
1992–93 | 2 | 1ª División B | ||||
1993–94 | 2 | 1ª División B | ||||
1994–95 | 2 | 1ª División B | 1º | |||
1995–96 | 1 | 1ª División | 10º | Segunda rolda | ||
1996–97 | 1 | Liga Femenina | 7º | 8º | Liga de clasificación | Cuartos de final |
1997–98 | 1 | Liga Femenina | 7º | 5º | Liga de clasificación | Cuartos de final |
1998–99 | 1 | Liga Femenina | 1º | 3º | Semifinais | Subcampioas |
1999–00 | 1 | Liga Femenina | 3º | 3º | Semifinais | Cuartos de final |
2000–01 | 1 | Liga Femenina | 4º | 4º | Semifinais | Semifinais |
2001–02 | 1 | Liga Femenina | 6º | 6º | Cuartos de final | Subcampioas |
2002–03 | 1 | Liga Femenina | 12º | |||
2003–04 | 1 | Liga Femenina | 3º | 3º | Semifinais | |
2004–05 | 1 | Liga Femenina | 12º | |||
2005–06 | 1 | Liga Femenina | 10º | Cuartos de final | ||
2006–07 | 1 | Liga Femenina | 14º | |||
2007–08 | 2 | Liga Femenina 2 | 8º | |||
2008–09 | 2 | Liga Femenina 2 | 13º | |||
2009–10 | 2 | Liga Femenina 2 | 3º | |||
2010–11 | 2 | Liga Femenina 2 | 7º | |||
2011–12 | 2 | Liga Femenina 2 | 4º | |||
2012–13 | 2 | Liga Femenina 2 | 4º | |||
2013–14 | 2 | Liga Femenina 2 | 3º | |||
2014–15 | 2 | Liga Femenina 2 | 2º | |||
2015–16 | 2 | Liga Femenina 2 | 7º | |||
2016–17 | 2 | Liga Femenina 2 | 10º | |||
2017–18 | 2 | Liga Femenina 2 | 1° | |||
2018–19 | 1 | Liga Femenina | 10º | |||
2019–20 | 1 | Liga Femenina | 7º | Cuartos de final | ||
2020–21 | 1 | Liga Femenina | 7º | 7º | Cuartos de final | Cuartos de final |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.