Ponte de Catoira
viaduto sobre o río Ulla From Wikipedia, the free encyclopedia
viaduto sobre o río Ulla From Wikipedia, the free encyclopedia
A ponte de Catoira é unha infraestrutura viaria inaugurada no ano 1981. Une as provincias de Pontevedra e A Coruña a través dos concellos de Rianxo e Catoira.[1]
Ponte de Catoira | |
---|---|
Ponte de Catoira | |
Localización | |
Coordenadas | 42°40′38″N 8°43′36″O |
Características | |
É un viaduto de formigón sobre o río Ulla de 987 metros de longo. Cruza o río cun falso arco de 97 metros de luz,[1] formado por dous saíntes que xorden de puntos de apoio en terra. Na parte da provincia de Pontevedra a plataforma continua mediante vigas elevadas sobre piares ata cruzar a liña férrea entre Vilagarcía de Arousa e Padrón.
O punto medio do arco actúa como división da titularidade entre as dúas deputacións. Na parte correspondente á Deputación da Coruña a estrada emprega o código DP-7206, mentres que na parte da Deputación de Pontevedra, o código é o EP-8001.
A principios da década de 1970 xurdiu a necesidade da construción da ponte. Unha das primeiras voces foi a de Martín Gómez, alcalde de Rianxo, quen manifestou publicamente a necesidade dunha ponte que permitise cruzar o río Ulla. Xa no ano 1971 xurdiron os primeiros estudos da man do enxeñeiro de Vías e Obras da Deputación da Coruña, quen visitou a parroquia de Isorna e elixiu a zona das Torres de Oeste como a de maior viabilidade.[1] En 1972 a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto cun orzamento duns 110 millóns de pesetas (661.000 euros).[1]
O 10 de xullo de 1979 levouse a cabo o acto de recepción provisional, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez, e mais o director xeral da Administración Local, Vicente Capdevila Cardona.[1] O público aínda tivo que esperar para cruzala ata o 25 de xullo, se ben a ponte non se inaugurou ata dous anos despois.[1]
En 2004 realizouse unha remodelación completa para solucionar o afundimento da plataforma. O proxecto incluíu a instalación dunha pasarela de madeira para peóns no lado de augas abaixo da ponte, así como a súa iluminación e a colocación de puntos de luz na calzada.[2]
A súa titularidade corresponde ás deputacións de Pontevedra e Coruña, aínda que xa teñen amosado a intención de que pase a mans da Xunta de Galicia.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.