Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Corpo Nacional de Policía de España (CNP, en castelán: Cuerpo Nacional de Policía) é un instituto armado de natureza civil dependente do Ministerio do Interior.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Corpo Nacional de Policía | |
---|---|
Acrónimo | CNP |
Tipo | policía e Polícia Nacional |
Data de fundación | 13 de xaneiro de 1824 |
Presidente/a | Francisco Pardo Piqueras (-) |
Organización matriz | Ministerio do Interior |
Premios | Garabata da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort |
Sede | Calle de Miguel Ángel, Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.policia.es/ e https://www.policia.es/_gl/index.php?idiomaActual=gl | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Corpo Nacional de Policía, coa súa estrutura e denominación actual ten a súa orixe directa na Constitución de 1978, onde se lle consagran dúas misións básicas: «protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a Seguridade Cidadá».
A partir deste mandato Constitucional, o 13 de marzo de 1986 promulgouse a Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade (Lei Orgánica 2/1986) que unificaba os Corpos de Policía Nacional e Corpo Superior de Policía no actual Corpo Nacional de Policía. Eran dous corpos de natureza moi distinta, pois o corpo superior dedicábase á investigación, fronte ao outro corpo, que era fundamentalmente un corpo policial de orde pública. Así pois no Corpo Nacional de Policía integráronse os funcionarios dos Corpos Superior de Policía e de Policía Nacional, que quedaron extinguidos.
As competencias do Corpo Nacional de Policía varían segundo as comunidades autónomas, debido a asunción dalgunhas súas e da Garda Civil por parte dos Mossos d'Esquadra en Cataluña, a Ertzaintza no País Vasco, a Policía Foral en Navarra e a Policía Canaria nas Canarias. En Andalucía, Aragón, Asturias, Galicia e a Comunidade Valenciana hai unidades da Policía Nacional que actúan directa e funcionalmente baixo as ordes das comunidades autónomas ás que están adscritas.[Cómpre referencia]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corpo Nacional de Policía |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.