Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O polbo á mugardesa é un prato principal de polbo orixinario da vila mariñeira de Mugardos. Este xeito de servir o polbo pódese tomar todo o ano nos establecementos hostaleiros da vila mariñeira da ría de Ferrol.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Polbo á mugardesa | |
Orixe | Mugardos, Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Animal | Polbo |
Vexetal | Pataca Cebola Pemento Allo Aceite de oliva |
Condimentos | Loureiro Pemento (condimento) |
O polbo limpo xa mallado métese suxeito pola cabeza tres veces na auga fervendo para que estea tenro. Non se coce na auga, a isto chámano "asustar" ao polbo.
Na tixola co aceite de oliva quente sofrítese as cebolas e o dente de allo picados xuntos (sen deixar que se queimen), cando estean fritidos engádense os pementos en tiras. Cando estea ao punto engádese un pouco de pemento doce e picante (ao gusto), bótase logo o polbo cortado en anacos, e déixase fritir 15 ou 20 minutos.
Sérvese en pratos normais (non de madeira) acompañado de patacas cocidas enteiras ou cachelos.
O Galilibros ten un manual sobre: Polbo á mugardesa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.