From Wikipedia, the free encyclopedia
Polar Bear (de Polar Beacon Experiment and Auroral Research), tamén coñecido como STP P87-1 e STP P87-A, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 14 de novembro de 1986 mediante un foguete Scout G desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a ionosfera terrestre.[2][3][5][6]
Polar Bear / STP P87-A/ STP P87-1 | |
---|---|
Tipo | Científico / tecnolóxico |
Fabricante | JHU/APL |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos |
Destino actual | En órbita terrestre, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 14 de novembro de 1986[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout G[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, rampla SLC-5[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre relacionada coa actividade solar e os seus efectos nas comunicacións.[3][6] |
NSSDC ID | 1986-088A |
Masa | 113,93 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7360 km[1] |
Inclinación | 89,5 graos[1] |
Apoapse | 1019,5 km[1] |
Periapse | 960,2 km[1] |
Polar Bear foi unha misión militar dirixida a estudar as intereferencias nas comunicacións producidas pola actividade solar, continuando as investigacións comezadas polo satélite HILAT.[3][5][6]
A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.[3][5][6]
O satélite utilizou a estrutura do satélite Transit-O 17, que nunca chegou a lanzarse e que tería formado parte da constelación de satélites de navegación Transit O. O satélite estaba en exhibición no Museo Smithsonian desde había oito anos.[3][5][6]
Polar Bear estabilizábase mediante gradente gravitatorio mediante un mastro despregable e era alimentado por catro paneis solares. Tras o seu lanzamento e despois de alcanzar unha órbita na que era iluminado continuamente polo Sol, en febreiro de 1987, a actitude do satélite empezou a variar erraticamente ata que o satélite inverteu a súa posición en maio dese mesmo ano. O terceiro intento de recuperar o satélite tivo éxito, despois de usar o volante de inercia da nave.[3][5][6]
Polar Bear levaba dous instrumentos a bordo:[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.