videoxogos de 2012 From Wikipedia, the free encyclopedia
Pokémon Black Version 2 (en xaponés: ポケットモンスターブラック2, Poketto Monsutā Burakku Tsū) e Pokémon White Version 2 (en xaponés: ポケットモンスターホワイト2, Poketto Monsutā Howaito Tsū) son dous videoxogos de rol de 2012 desenvolvidos por Game Freak e distribuídos por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. Forma parte da quinta xeración da serie de videoxogos de Pokémon, sendo secuelas directas de Pokémon Black e Pokémon White e as primeiras secuelas na serie. Lanzáronse orixinalmente no Xapón en xuño de 2012, sendo o lanzamento internacional en outubro de 2012.[4][5] Os xogos contan cun Pokémon lendario identificado por Junichi Masuda como Kyurem negro e Kyurem branco.[6][7] Os xogos foron revelados por vez primeira o 26 de febreiro de 2012 nun episodio do programa de televisión xaponés Pokémon Smash!,[8][9] seguido por unha confirmación internacional na páxina web oficial de Pokémon.[10]
Pokémon Black 2 e White 2 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Game Freak |
Distribuidora(s) | The Pokémon Company Nintendo |
Director(es) | Takao Unno |
Produtor(es) | Junichi Masuda Hitoshi Yamagami Shusaku Egami |
Deseñador(es) | Teruyuki Shimoyamada Suguru Nakatsui Toshinobu Matsumiya |
Artista(s) | Takao Unno |
Compositor(es) | Go Ichinose Hitomi Sato Teruo Taniguchi |
Lanzamento | 23 de xuño de 2012 América do Norte: 7 de outubro de 2021[1] 11 de outubro de 2012[2] 12 de outubro de 2012[3] |
Xénero | Videoxogo de rol |
Modos de xogo | Un xogador Multixogador |
Clasificación | PEGI CERO |
Plataforma(s) | Nintendo DS |
Serie | Pokémon |
Na rede | |
https://www.pokemon.com/us/pokemon-video-games/pokemon-black-version-2-and-pokemon-white-version-2/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.