From Wikipedia, the free encyclopedia
Junichi Masuda (増田 順一 Masuda Jun'ichi?), nado en Iocoama o 12 de xaneiro de 1968, é un compositor de música para videoxogos, director, deseñador, produtor, cantante, programador e trombonista xaponés. É especialmente coñecido polo seu traballo na franquía Pokémon. É membro da mesa de dirección de Game Freak e é membro da compañía dende 1989, cando a fundou xunto con Satoshi Tajiri e Ken Sugimori.[1][2]
(2011) | |
Nome orixinal | (ja) 増田順一 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1968 (56 anos) Iocoama, Xapón |
Educación | Japan Electronics College (en) 藤嶺学園藤沢中学校 |
Actividade | |
Ocupación | compositor, programador, director de cinema, produtor, enxeñeiro, deseñador de xogos, guionista |
Período de actividade | 1989 - |
Empregador | Game Freak (1989–2022) The Pokémon Company |
Instrumento | Trompeta, Trombón e piano |
Co desenvolvemento de novos videoxogos de Pokémon, Masuda tomou diferentes roles nos proxectos. Comezou a producir e dirixir xogos, comezando con Pokémon Ruby e Sapphire, e fíxose responsable de aprobar os novos modelos de personaxes. O seu estilo busca manter os videoxogos accesibles ó tempo que engade novos niveis de complexidade. As súas obras musicais están inspiradas na obra de célebres compositores como Dmitrii Shostakovich, e usou a serie Super Mario como exemplo dunha boa composición de banda sonora para videoxogos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.