poemario de Ricardo Carballo Calero From Wikipedia, the free encyclopedia
Poemas pendurados de un cabelo é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1952[1] e reeditado en 1980.[2]
Poemas pendurados dun cabelo | |
---|---|
Título orixinal | Poemas pendurados de un cabelo |
Autor/a | Ricardo Carballo Calero |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Colección Xistral |
Data de pub. | 1952 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira edición, na Colección Xistral, estivo ao coidado de Ánxel Johán.
1ª parte: Entre o verde e o azul. Cinco poemas de carácter filosófico-moral nunha atmosfera escéptica pero non desesperada.
2ª parte: Poemas pendurados dun cabelo. Sete poemas onde o motivo central son os anxos, ansia da plenitude que está presente en toda a obra de Carballo Calero.
3ª parte: A soleira de ouro. Destacan dous temas: o feminino en canto símbolo da beleza absoluta e as diversas dimensións do amor.
Segundo Henrique Rabuñal: o poeta defende a beleza e a palabra, e canta, admirado o que non entende. Na pregunta reside a verdade.[3]
A muller como tema aparece mesmo entrelazado co motivo dos anxos; e a carón do tema amoroso aparece a temática da muller como obxecto da Natureza, dotado dun poder simbólico para aludir á Natureza mesma, á vida mesma [4]. O propio autor deixou dito sobre ese tema:
O amor é un tema poético clásico... a carón do tema amoroso aparece cun muita frecuéncia na miña obra o tema da muller considerada como espectáculo, considerada como obxecto da Natureza, dotado dun poder simbólico para aludir à Natureza mesma, à vida mesma. E a beleza plástica da feminidade, asi como os matices espirituais que lle son aderentes, aparecen muitas veces na miña poesia. É dicer, o que se chamava na retórica clásica a “descriptio puellae”, e que aparece con mais frecuéncia, con mais intensidade que o tema amoroso propriamente dito, ainda que este, efectivamente, existe tamén... ainda que ao mellor alguns poemas de amor dos que teña escritos poden figurar entre as cousas menos desacertadas que escrevin, considero que, en xeral, son mais artísticos estes outros poemas en que está observada a muller con simpatia, con fervor, pero con obxectividade na sua capacidade de deleite óptico e símbolo vital.[5]
Entre o verde e o azul
Son 5 poemas sen título
Poemas pendurados dun cabelo
A soleira de ouro
Son seis poemas sen título
Eu vin a dona na soleira de ouro.
O vento nas suas tempas aniñaba.
Alcipreste de chama, sacro lírio.
Aquela vin a quen amei na terra,
a cuja branda cabeleira outrora.
enxoitou na faterna a miña fonte.
...[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.