Os yolŋu son un grupo aborixe australiano que habita no nordeste da Terra de Arnhem, no Territorio do Norte de Australia. Yolŋu quere dicir "persoa" nas linguas yolŋu. O termo murngin foi empregado antigamente por algúns antropólogos para falar dos yolŋu.[1][2]

Datos rápidos Poboación, Aspectos culturais ...
Pobo yolŋu
Thumb
Mandawuy Yunupingu, membro do grupo de música yolŋu Yothu Yindi.
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLinguas yolŋu (dhaŋu-djaŋu, nhaŋu, dhuwal, ritharŋu, djinaŋ, djinba), lingua de sinais yolŋu
RelixiónRelixión tradicional e cristianismo
Grupos
relacionados
aborixes australianos
Pechar

Lei yolŋu

O complexo sistema legal dos yolŋu coñécese como Maḏayin. O Maḏayin inclúe toda a lei das persoas, os instrumentos e os obxectos, os ditados orais, nomes e cancións e outros aspectos da vida.

Historia

Os yolŋu mantiñan boas relacións comerciais, durante centos de anos, cos pescadores da illa indonesia de Makassar. Algúns yolŋu viaxaron a Sulawesi con makassares e volveron,[3] ou, mesmo chegaron até a China.[4]

Contacto cos europeos

Os yolŋu entraron en contacto cos europeos antes da chegada dos británicos a Australia cos seus contactos cos comerciantes makassares dende probablemente o século XVI. O nome dos yolŋu para referirse ós europeos é balanda, que deriva de "Holanda".

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.