Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Peticións en cortiza de Yirrkala de 1963 son uns documentos históricos australianos que constitúen os primeiros documentos tradicionais elaborados polos aborixes australianos recoñecidos polo Parlamento de Australia, e, polo tanto o primeiro recoñecemento documental dos pobos indíxenas na lexislación australiana.
Wali Wunungmurra, un dos doce que firmaron a petición, describe os antecedentes da petición da seguinte maneira:
"A finais de 1950, os yolngu démonos conta da prospección de minerais na zona da Península de Gove, e pouco despois, descubrimos as concesións mineiras que se concederon ó longo dunha área considerábel do noso territorio tradicional. A nosa resposta, en 1963, foi a de enviar unha petición en cortiza pintada para o goberno da Commonwealth esixindo que os nosos dereitos sexan recoñecidos." [1]
Os yolngu enviaron as peticións á Cámara de Representantes de Australia baixo a afirmación de que lles pertence a propiedade das terras que foron extirpadas da reserva de Terra de Arnhem. O resultado foi unha investigación na que se recomendou unha compensación ó pobo yolngu. Isto supón o primeiro recoñecemento dos títulos de propiedade nativos.
Máis tarde, os yolngu levaron as súas queixas ós tribunais cando se fixo obvio que os políticos de Canberra non lles ían a recoñecer a propiedade das terras. O caso trasladouse á Corte Suprema do Territorio do Norte en 1968 baixo o nome de Milurrpum v Nabalco. En 1971 dispúxose que os yolgnu non foron quen de establecer os seus títulos de propiedade no dereito común xa que se aplicou o concepto de Terra nullius para a súa xustificación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.