Os sharchop (en dzongkha: ཤར་ཕྱོགས་པ: "orientais") son un grupo étnico de Bután conformado pola mestura de poboacións da tibetanas e ascendencia do sur de Asia. Viven principalmente nos distritos do leste do país.[1][2]
A maioría dos sharchop falan tshangla, unha lingua tibetano-birmana; só uns poucos falan a lingua olekha.[3] Tamén falan a lingua nacional, o dzongkha. Por mor da súa proximidade coa India, algúns tamén falan o assamés ou o hindi.
O tshangla tamén é falado polo pobo monpa, unha minoría nacional que habita preto da fronteira coa China, distribuídos en Mêdog, Nyingchi e Dirang. O tshangla é semellante ó kalaktang e ó dirang falados polos monpa de Arunachal Pradesh, na India.[4]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.