Plinio o Novo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Plinio o Novo

Gaius Plinius Caecilius Secundus, coñecido por Plinio o novo, nado contra o ano 63 e finado no 113, foi orador, xurista, escritor e administrador imperial da Antiga Roma.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Plinio o Novo
Thumb
Biografía
Nacementoc. 61
Como, Italia
Morte113 ↔ 114 (51/52 anos)
Bitínia e Ponto, Roma Antiga
Legatus Augusti pro praetore Ponti et Bithyniae
109 – 111
Curator alvei Tiberis et riparum et cloacarum Urbis
104 – 106
Cónsul sufecto
1 de setembro de 100 – 31 de outubro de 100
Quaestor Augusti (en)
século I – século I
Tribuno da plebe
século I – século I
Sevir turmae equitum Romanorum
século I – século I
Praefectus aerarii Saturni
98 – 100
Praefectus aerarii militaris
94 – 96
Pretor
década de 90 – década de 90
Decemvir stlitibus iudicandis
década de 80 – década de 80
Tribunus militum laticlavius legionis III Gallicae
década de 80 – década de 80
Senador romano
Datos persoais
ResidenciaVilla Commedia (pt)
Lierna
Lago Como
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga
Ocupaciónescritor, militar, oficial, xurista, historiador, poeta, avogado, político, funcionario
Período de tempoAlto Imperio Romano
ProfesoresLúcio Vergínio Rufo (pt) , Quintiliano e Plinio o Vello
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCalpurnia (103–)
daughter of Pompeia Celerina (–96), morte
stepdaughter of Veccius Proculus
Paisvalor descoñecido
Plinio o Vello   e Plinia Marcella
ParentesPlinio o Vello, tío

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Galiciana: 29807
Pechar

Traxectoria

Comezou a escribir ós 14 anos unha traxedia en grego, pero Plinio destacou en poesía, a maior parte dos seus escritos perdéronse, a pesar do coidado que tiña por eles. Tamén coñecido polos seus dotes de orador, considerándose seguidor de Cicerón, a súa prosa era menos directa e rechamante que a deste último. Participou en moitos xuízos, pero o único discurso que se conserva del é o seu Panegiricus Trajani, descrición aduladora e enfática da figura de Traxano, que é un instrumento valioso para estudar diversas accións que fixo este emperador no campo administrativo como nos impostos, xustiza, disciplina castrense e comercio. Plinio definíao como un tratado sobre o gobernante perfecto.

As súas cartas son un testemuño único da administración ordinaria do século I. O seu estilo é moi diferente dos usados nos panexíricos, afirmando algúns críticos que Plinio é o inventor dun novo xénero literario: a carta escrita para ser publicada.

Nas súas primeiras cartas de mocidade describe a erupción do monte Vesuvio e a morte do seu tío e mentor, Plinio o vello. No seu honor este tipo de erupcións coñécense como plínicas. Estas cartas estaban dirixidas ao seu amigo Publio Cornelio Tácito, que foi un dos grandes historiadores romanos, para darlle unha visión próxima e certeira da morte do seu tío. Outras cartas famosas foron as dirixidas a Septicio Claro, que son case poemas, as que se refiren á erupción do Vesuvio e as referentes ás vilas e á morte de Marcial.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.