Remove ads

A malaria das aves ou malaria aviaria é unha enfermidade parasitaria das aves, xeralmente causada polo protozoo Plasmodium relictum (ver a súa clasificación no cadro taxonómico).

Máis información Plasmodium relictum, Clasificación científica ...
Plasmodium relictum
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Alveolata
Filo: Apicomplexa
Clase: Aconoidasida
Orde: Haemosporida
Familia: Plasmodiidae
Xénero: Plasmodium
Especie: P. relictum

Pechar

Etioloxía

A malaria das aves está causada fundamentalmente pola especie de protozoos Plasmodium relictum, que infecta as aves en todas as partes do mundo agás a Antártica. Non obstante, hai outras especies de Plasmodium que en raros casos poden tamén infectar ás aves, como Plasmodium anasum e Plasmodium gallinaceum, pero estas teñen normalmente menos importancia para a industria da avicultura. A enfermidade está distribuída mundialmente, con algunhas importantes excepcións.[1] Xeralmente, non mata as aves, pero en áreas onde a malaria das aves é de nova introdución, como as illas Hawai, pode ter resultados devastadores para as aves que perderon a súa resistencia evolutiva co tempo e o illamento.

En Hawai o vector é o mosquito Culex quinquefasciatus, que foi introducido nas illas en 1826. Desde entón, a malaria das aves e a varíola das aves devastaron as poboacións de aves nativas, causando moitas extincións, ata o punto que Hawai é a parte do mundo no que se rexistraron máis extincións de aves, e a doenza ameaza a existencia de todas.

Remove ads

Proceso da doenza e epidemioloxía

O Plasmodium relictum reprodúcese nos eritrocitos. Se a carga de parasitos é suficientemente alta, as aves empezan a perder eritrocitos, o que lles causa anemia (USDI e USGS 2005). Como estas células son esenciais para transportar o oxíxeno polo corpo, a perda destas células pode orixinar unha progresiva debilidade e, finalmente, a morte (USDI e USGS 2005). Unhas especies de aves son máis susceptibles á malaria que outras.

A incidencia desta doenza case triplicou nos últimos 70 anos. Foron notablemente afectados os pardais comúns (Passer domesticus), ferreiriños abelleiros (Parus major), e papuxas das amoras (Sylvia atricapilla). Antes de 1990, cando as temperaturas globais eran máis frías que agora, menos do 10% dos pardais estaban infectados de malaria. Porén, en anos recentes, esta cifra incrementouse ata case o 30%. Igualmente, desde 1995, a porcentaxe de papuxas das amoras infectadas de malaria subiu do 3 ao 15%. Outro exemplo, é a avelaiona (Strix aluco) no Reino Unido no que a incidencia da malaria subiu do 2 ou 3% ao 60%.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads