From Wikipedia, the free encyclopedia
Viridiplantae (literalmente "plantas verdes")[1] son un clado de organismos eucarióticos constituído polas algas verdes (fundamentalmente acuáticas) e as plantas terrestres (embriófitas), que evolucionaron a partir das anteriores.[3][4][5] Teñen células con parede celular con celulosa, e cloroplastos primarios derivados da endosimbiose con cianobacterias, que conteñen clorofilas a e b e carecen de ficobilinas. Existen máis de 350.000 especies de Viridiplantae.[6]
Viridiplantae | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Varias Viridiplantae talofíticas deixadas pola marea | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Subgrupos | |||||||
Sinonimia | |||||||
|
Nalgúns sistemas de clasificación, o grupo foi tratado como reino,[7] dándolle varios nomes posibles, como Viridiplantae, Chlorobionta, ou simplemente Plantae, este último amplía o tradicional reino das plantas para incluír as algas verdes. Adl et al., que elaboraron unha clasificación de todos os eucariotas en 2005, introduciron o nome Chloroplastida para este grupo, que reflicte que o grupo ten cloroplastos primarios con clorofila verde. Estes autores rexeitaron o nome Viridiplantae porque algunhas das especies non son plantas, tal como se entenden estas tradicionalmente.[8] As Viridiplantae están constituídas por dous clados: Chlorophyta e Streptophyta.[9] Xunto coas Rhodophyta e as glaucophyta, as Viridiplantae crese que pertencen ao amplo clado das Archaeplastida ou Primoplantae.
Unha avaliación taxonómica dos eucariotas baseada na distribución da miosina indica que as Viridiplantae perderon as miosinas de clase I.[10]
Filoxenia simplificada das Viridiplantae de acordo con Leliaert et al. 2012.[11]
Viridiplantae |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.