Plácido Castro Rivas
banqueiro, empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
banqueiro, empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Plácido Castro Rivas, nado en Fisterra e finado en Montevideo en 1945, foi un banqueiro, empresario e político galego[1], coñecido principalmente polo seu labor de filantropía e por ser o pai do escritor Plácido Castro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Fisterra, España |
Morte | 1945 Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro, emprendedor, político |
Familia | |
Fillos | Plácido Castro |
Estableceuse en Corcubión. Foi o fundador da Compañía General de Carbones e creou os depósitos flotantes de carbón. Mellorou o porto e construíu a torreta do Carromeiro Chico e outras sinalizacións. Tamén construíu a estrada de Cee ao Ézaro. En 1911 estaba establecido, coa familia, en Cardiff (Gales)[2]. Exerceu de vicecónsul de Suecia e Noruega en Corcubión, porto de grande importancia na súa época. Foi elixido deputado provincial polo distrito da Coruña-Carballo en 1905 como liberal-demócrata. Apoiou a candidatura de Anselmo Villar para deputado polo distrito de Corcubión nas eleccións de deputado a Cortes de 1905, que foi vencido por Ramón Sanjurjo Neira[3]. Presentouse como independente ás eleccións de deputado a Cortes de 1910 polo distrito de Corcubión, pero foi derrotado por José del Moral Sanjurjo por escasa diferenza[4]. Despois de residir en Corcubión máis de trinta anos, en 1917 traspasou a industria á Compañía General de Carbones, dirixiu un manifesto ao pobo xustificándose, pediu á Corporación que o dese de baixa no padrón municipal e marchou da vila. En 1927 instalouse en Donosti, onde o acusaron de masón e marchou a Niza. Ao estalar a segunda guerra mundial exiliouse no Uruguai.
No ano 1928 efectuou á Asociación de Periodistas de Madrid unha doazón que incluía varios inmóbeis, entre os que se atopaba o castelo do Príncipe, unha fortificación do século XVII localizada na parroquia da Ameixenda (Cee).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.