insecto hemíptero da familia Gerridae From Wikipedia, the free encyclopedia
A pita cega, cabra cega, costureira, mariñeiro, xastre, zapateira,[1][2] muxirico[3] ou zapateiro,[4] de nome científico Gerris lacustris, é un insecto hemíptero da familia Gerridae común nos hábitats acuáticos de Europa.[5]
Pita cega | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Gerris lacustris L. 1758 |
O tamaño do Gerris lacustris varía entre 8 mm e 10 mm de lonxitude. O corpo é moi estilizado e alargado. Teñen seis patas; o primeiro par é curto e groso, mentres que os outros dous pares, que son finos e alongados, emprégonos para desprazarse sobre a superficie da auga. Co primeiro par de patas capturan as súas presas, co par de patas do medio impúlsase pola superficie da auga, a modo de remo ou ben dando chimpos, o par posterior emprégao como lemes. Todo o corpo de G. lacustris incluíndo as patas está cuberto de moitos pelos minúsculos que teñen un revestimento céreo. A tensión superficial da auga permite que estes insectos hemípteros se poidan desprazar pola superficie sen afundir.[2] Os G. lacustris son de cor marrón escuro e teñen un forte aparato bucal succionador.[6]
G. lacustris é un insecto depredador. Captura ás súas presas baixo a auga ou na superficie, insectos e outros invertebrados pequenos, usando as súas fortes patas dianteiras que rematan en poutas. Perforan e zugan coas súas pezas bucais os pequenos insectos que caen na auga, aliméntanse de insectos vivos e mortos. Co seu par dianteiro de patas son capaces de detectar as ondas e sentir vibracións na superficie de insectos que loitan por saír da auga.[6][7]
As femias de G. lacustris son significativamente maiores que os individuos de sexo masculino e a taxa de produción de ovos está limitada pola cantidade de recursos alimentarios dispoñibles para as femias; canto máis alimentos para o eu sustento máis ovos pon. Os adultos emerxen entre abril e maio. É nesta época cando as femias poñen os ovos, a eclosión prodúcese entre 12 e 14 días despois. A eclosión non se produce necesariamente cando os ovos están desenvolvidos por completo, senón que depende da temperatura no ambiente.
Trala eclosión, G. lacustris pasa por un proceso de desenvolvemento denominado metamorfose incompleta. Durante o proceso as larvas ou ninfas pasan por unha serie de fases coñecidas como instares. Hai cinco estadios no proceso de desenvolvemento, cada un progresivamente máis longo que o anterior. O proceso de metamorfose incompleta dura de 24 a 30 días ata chegar a adulto. Os machos de G. lacutris prolongan o período apareamento en presenza doutros machos da súa especie para impedir a inxerencia destes na reprodución.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.