Piscívoro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un piscívoro[1] ou ictiófago[2] é un animal carnívoro que come principalmente peixes. Os peixes eran a dieta dos primeiros tetrápodos (anfibios); a dieta insectívora apareceu despois, e co tempo, os réptiles engadiron a dieta herbívora.[3]

Algúns animais, como os leóns mariños e os aligátores, non son completamente piscívoros, e adoitan depredar invertebrados acuáticos ou animais terrestres ademais dos peixes, mentres que outras, como os morcegos pescadores Noctilionidae e o gavial, son máis estritamente dependentes do peixe para a súa alimentación. Os humanos poden vivir con dietas baseadas no peixe, como tamén os seus animais mascotas domesticados, como cans e gatos. Algúns animais, como os cnidarios, polbos, luras, tiburóns, cetáceos, osos grizzly, xaguares, serpes, tartarugas, e gaivotas e outras aves mariñas, poden ter os peixes como unha parte significativa ou nalgúns casos dominante das súas dietas.
Os efectos ecolóxicos dos piscívoros poden estenderse a outras cadeas tróficas. Nun estudo da troita Oncorhynchus clarkii, os investigadores encontraron que a adición deste piscívoro ao ecosistema pode ter efectos destacables sobre organismos non acuáticos, neste caso os morcegos que se alimentan de insectos que emerxen da auga pola presenza da troita.[4]
Os piscívoros poden clasificarse en primarios e secundarios. Os primairos, tamén chamados "especialistas", pasan a este hábito alimenticio nos primeiros poucos meses das súas vidas. Os piscívoros secundarios pasan a comer principalmente peixes máis tarde nas súas vidas. Hipotetízase que a dieta dos piscívoros secundarios débese a unha adaptación para manter a eficiencia no uso da enerxía cando están medrando.[5]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.