Pioneer 8, tamén coñecida como Pioneer C, foi unha sonda espacial lanzada o 13 de decembro de 1967 mediante un foguete Delta E1 xunto co satélite TTS 1 desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.[2][3][5][6]

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
Pioneer 8 / Pioneer C
Thumb
Pioneer 8
TipoCientífico
FabricanteTRW
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica.[1]
Data de lanzamento13 de decembro de 1967, 14:08 GMT[1][2][2][3][4]
Foguete portadorDelta E1[2][5]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do espazo interplanetario coordinadamente con outras sondas espaciais.[2][6]
NSSDC ID1967-123A
Masa146,0 kg[5]
Pechar

Características

Pioneer 8 adicouse a estudar o espazo interplanetario xunto coas súas naves xemelas Pioneer 6, Pioneer 7 e Pioneer 9. Unha quinta nave, Pioneer E, non chegou á órbita por problemas co foguete lanzador. O obxectivo era estudar os mesmos fenómenos desde distintos puntos do espazo, entre eles estudar os ións positivos e os electróns do vento solar, a densidade interplanetaria de electróns, os raios cósmicos galácticos e solares e o campo magnético interplanetario. As naves considéranse a primeira rede espacial de estudo do tempo espacial, proporcionando datos prácticos sobre o impacto das tormentas solares nas redes de comunicacións e enerxía da Terra.[2][5][6]

Pioneer 8 tiña forma de cilindro do que saían os diversos instrumentos e estabilizábase mediante xiro a unhas 60 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano da eclíptica e apuntando cara ao polo sur. A nave podía configurarse mediante comandos para enviar datos a unha entre cinco velocidades distintas (512, 256, 64, 16 e 8 bps) nun formato entre catro diferentes posibles e funcionando a entre un de catro modos dispoñibles (tempo real, almacenamento de telemetría, almacenamento de recolección de datos e lectura de memoria). No modo de tempo real a nave enviaba datos á Terra segundo ía facendo as medicións científicas, no modo de almacenamento de telemetría a nave enviaba os datos ao tempo que os recolectaba pero ao mesmo tempo os gardaba na memoria de a bordo, no modo almacenamento de recolección de datos gardábanse datos científicos a intervalos de tempo de entre 2 e 17 minutos a elección dos controladores en terra para cubrir períodos de ata 19 horas pola limitación da memoria de a bordo e no modo de lectura de memoria líanse e enviábanse datos á Terra. A enerxía da nave era producida polas células solares que recubrían as paredes do corpo da nave, producindo ata 79 vatios de potencia.[2][5][6]

O último contacto que se fixo coa nave tivo lugar o 22 de agosto de 1996, sen que haxa plans para contactar posteriormente.[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.