From Wikipedia, the free encyclopedia
Pilatus Aircraft Ltd. é un construtor aeroespacial situado en Stans, Suíza. En abril de 2022 a compañía empregaba a máis de 2 000 traballadores.[1]
Pilatus Aircraft | |
---|---|
Fundación | 10 de decembro de 1939 |
Localización | Stans, Suíza |
Industria | aeroespacial |
Na rede | |
http://www.pilatus-aircraft.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía produciu principalmente avións para mercados nicho, en particular avións de engalaxe e aterraxe curtas (STOL) e avións militares de adestramento. Durante os anos 50 e 60 Pilatus desenvolveu un transporte civil lixeiro STOL, o PC-6 Porter. En 1973 decidiu reiniciar os traballos do programa PC-7, e o avión entrou en produción como o PC-7 Turbo Trainer. En 1979 Pilatus mercou Britten-Norman, fabricante dos Britten-Norman Islander e Britten-Norman Defender. Nos anos 80 a compañía desenvolveu o PC-9, un derivado mellorado do PC-7.
Durante os anos 90 Pilatus abriuse a un mercado civil máis amplo coa introdución do PC-12, un avión turbohélice monomotor do cal fabricou máis de 1 700 unidades. Nos anos 2000 introduciu un novo membro da súa familia de adestradores militares, o turbohélice PC-21. Nos anos 2010 a compañía desenvolveu o PC-24, un reactor bimotor STOL capaz de operar dende pistas non pavimentadas.
Nome | Descrición | |
---|---|---|
Pilatus SB-1 | 1939
proxecto STOL experimental[2] | |
Pilatus SB-2 | 1941
transporte STOL, 1 construído | |
Pilatus SB-5 "Super-Pelican" | 1944
proxecto de transporte STOL[2] | |
Pilatus P-1 | 1941
proxecto de adestrador monopraza | |
Pilatus P-2 | 1945
adestrador | |
Pilatus P-3 | 1953
adestrador | |
Pilatus P-4 | 1948
prototipo de transporte STOL | |
Pilatus P-5 | 1951
proxecto de observador de artillaría | |
Pilatus PC-6 | 1959
transporte STOL | |
Pilatus PC-7 | 1966
adestrador turbohélice | |
Pilatus PC-8D | 1967
prototipo de transporte STOL | |
Pilatus PC-9 | 1984
adestrador turbohélice | |
Pilatus PC-10 | 1970
proxecto de transporte bimotor | |
Pilatus B-4 | 1972
planador | |
Pilatus PC-12 | 1991
turbohélice monomotor de transporte/executivo | |
Pilatus PC-21 | 2001
adestrador turbohélice | |
Pilatus PC-24 | 2014
reactor de transporte/executivo bimotor |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.