Picassent

From Wikipedia, the free encyclopedia

Picassentmap

Picassent é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Picassent
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 39°21′42″N 0°27′42″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Sud
CapitalPicassent (en)
Poboación
Poboación22.236 (2023) (259,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante)
Xeografía
Superficie85,78 km²
Altitude50 m
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Organización política
 Alcaldesa María Concepción García Ferrer (en)
Identificador descritivo
Código postal46290
Fuso horario
Código INE46194
Código ARGOS de concellos46194
Outro
Irmandado con

Sitio webpicassent.es
Pechar

Xeografía

Picassent está situado no extremo suroeste da Horta valenciana, sendo o seu medio climático típico mediterráneo. Nos outeiros próximos á vila levantáronse nas últimas décadas varias urbanizacións residenciais; a Creueta, a Canyada del Císcar, El Alter etc..

O termo municipal de Picassent limita cos concellos de Alcàsser, Alfarb, Almussafes, Benifaió, Llombai, Monserrat, Silla e Torrent, todos situados na provincia de Valencia. Accédese a esta localidade desde Valencia tomando a N-332 ou pola Autovía A-7 E-15. Tamén se pode acceder a través da liña 1 de MetroValencia.

Historia

No termo municipal de Picassent hai restos da idade de bronce (Molló de l'Almud i Avenc de l'Àguila) e da época romana (Mais dels Foressos). Tanto a vila como as súas pedanías de Nillerola e de Espioca, que conserva unha torre da época islámica, foron na súa orixe alquerías musulmás.

No 1237, Xaime I entregou o sitio a Roderic Çabata ( "Rodericus Çabata, miles, alqueriam de Pichaçen, totam, idus octobris" . Llibre do Repartiment do Regne de València), a quen sucedeu o seu fillo Eiximén. Permaneceu despoboado de musulmáns despois de 1248 mais, a causa do fracaso da repoboación de cristiáns, o señor tivo que admitir de novo á poboación islámica.

Agnès Ximénez Sabata herdou o señorío e transmitiuno ao seu fillo Fernando de Aragón, bastardo de Pedro III o Grande, que o vendeu a Ramón Boïl en 1347. Esta familia dispón do señorío ata que no 1367 pasa á familia Castellà que no 1451 compraron Espioca. Ramón Castellà vendeu o señorío a Ramón Peixó, no ano 1511.

Despois da guerra de sucesión española, adquire a propiedade o Marqués de Dues Aigües que a mantivo até a abolición dos señoríos. Segundo Jeroni Munyós, a mediados do século XVI, tiña 65 veciños que a finais do século, segundo unha memoria elaborada na vila, chegaron a ser 493 habitantes. Cavanilles, no 1794, consigna 390 veciños. Madoz, a mediados do século XIX achega a cifra de 2.121.

Demografía

Picassent ten 19.385 habitantes (2008).

Máis información Evolución demográfica de Picassent ...
Evolución demográfica de Picassent
185718871900191019201930194019501960197019811991199620012007
2.6433.3134.0524.5004.8985.3226.0076.9748.43311.14313.69114.60415.43816.33318.556
Pechar

Economía

Antigamente predominaban os cultivos de secaño, pero a construción do caldeirón Real do río Xúcar a finais do século XVII, transformou a zona oriental do termo en regadío, predominando actualmente os cultivos de laranxeira. Parte importante da economía de Picassent, son tamén, o comercio, os servizos, a construción e a industria, destacando o seu polígono industrial en plena fase de expansión.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.