Silla, Valencia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Silla, Valenciamap

Silla é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Silla, Valencia
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 39°21′42″N 0°24′37″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
CapitalSilla (en)
Poboación
Poboación19.683 (2023) (787,32 hab./km²)
Lingua oficialValenciano (lingua predominante)
Xeografía
Superficie25 km²
Altitude8 m
Comparte fronteira con
Santo padrónSebastián
Organización política
 Alcalde Vicent Zaragozá Alberola
Identificador descritivo
Código postal46460
Fuso horario
Código INE46230
Código ARGOS de concellos46230

Sitio websilla.es
Pechar

Xeografía

Situado na parte meridional da comarca e nas proximidades do lago da Albufeira de Valencia. O termo municipal de Silla limita coas localidades de Picasent, Alcàsser, Beniparrell, Albal, Valencia, Almussafes e Sollana todas da provincia de Valencia.

O relevo é totalmente chairo e mantense sempre por baixo dos 20 msnm de altitude, excepto nos límites con Picassent onde hai unha elevación apenas perceptible por encima dos 30m. Pola súa banda occidental discorre o Caldeirón Real, da que nacen os caldeiróns para a rega, mentres que toda a metade oriental áchase ocupada por campos de arroz e o Parque Natural da Albufeira.

O clima é de tipo clima mediterráneo.

Historia

Thumb
Carta poboa de Silla (1243).

Popularmente, cóntase que o nome da localidade provén da contracción de "sa illa", en galego "a illa", nome que lle darían os primixenios poboadores, ao estar asentado o casal nun istmo sobre a albufeira de Valencia.

O casal de Silla foi dado polo rei Xaime I o 15 de xaneiro de 1233 á Orde de Sant Joan de l'Hospital, sendo Mestre desta, Hugo de Fullaquer quen conquistou a torre árabe, centro neurálxico de Silla que pasou despois á Orde de Montesa. No ano 1317 acabou o dominio en Silla da orde do Hospital, pasando a formar parte da orde de Santa María de Montesa e continuando baixo este dominio até o ano 1837 que se produce a desamortización de Mendizábal e en consecuencia a desaparición de prerrogativas e as propiedades.

Demografía

Silla conta cunha poboación de 18.985 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
19001910192019301940195019601970198119912000200520072008
4.4214.9736.2436.7326.6397.1177.76810.09016.14516.52515.61417.54618.59718.985

Economía

A proximidade a Valencia facilitou a súa industrialización, aínda que non perdeu totalmente o seu carácter agrícola inicial. Dentro do regadío atópanse o arroz, as hortalizas e o millo. En secaño quedan oliveiras e alfarrobeiras. En xeral a excepción do arrozal, o chan agrícola está a perder terreo rapidamente para dar cabida ás plantas industriais que crecen a ritmo acelerado. A gandaría ten cabezas de gando vacún estabulado para o leite, gando lanar e varias granxas avícolas e porcinas. Existe comunidade de pescadores que traballan sobre caldeiróns e no lago da Albufeira.

Dentro do sector industrial, o de maior peso económico na actualidade, conta cun censo de máis de 500 industrias, hai fábricas de mobles, papeis pintados, moquetas, artigos de plástico, xoguetes, materiais para a construción, licores, confeccións, tapicerías, embalaxe de cartón, maquinaria, construcións metálicas, pneumáticos, pinturas, vernices etc.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.