especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro carrasco[1] ou piñeiro de Alepo (Pinus halepensis), é unha especie de árbore da familia das pináceas, xénero Pinus. É típica do mediterráneo, non aparecendo en Galiza.
Pode acadar os 59 m de altura. O toro é macizo e torto, a casca cinsenta avermellada e a copa irregular. Estróbilos avrroibados de forma oval duns 10 cm de lonxitude. Acículas longas agrupadas de 2 en 2, moi flexíbeis e lixeiramente amarelentas. Piñas miúdas e pedunculadas. É moi resistente á seca e á aridez. Na Península Ibérica áchase na vertente mediterránea, principalmente nos Países Cataláns (Cataluña, Illas Baleares e País Valenciano).
Áchase en piñeiriais secos, de tipo mediterráneo, de Europa, Asia occidental e África do norte. Levouse para produción madeireira a outras rexións de África e outros continentes, onde entrou en competencia coa vexetación local. Tamén se utiliza na produción de resina.
Medra, polo xeral, a baixas cotas entre o nivel do mar deica os 200 msnm,aínda que no sur da Península Ibérica pode acadar os 1.000 m.
Contén como principio activo a trementina.[2]
Pinus halepensis foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . eighth edition no. 8. 1768.[3]
Pinus: nome xenérico dado en latín aos piñeiros.[4]
halepensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Alepo.
Número de cromosomas de Pinus halepensis (Fam. Pinaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.