O periplasto é un tipo de cuberta celular que aparece nas algas criptomónadas, formado por varias capas de composición proteica. Outras algas teñen cubertas distintas, como as dinofíceas, que teñen un recubrimento chamado anfiesma, e as euglenas, cuxo recubrimento se chama película.
O periplasto é un recubrimento proteináceo. Pode subdividirse en periplasto interno e externo. Ambos os compoñentes son de composición varible.[1]
O periplasto interno pode estar formado por unha soa lámina como en Chilomonas paramecium,[2] ou por múltiples placas de varios tamaños. O periplasto externo rodea a membrana plasmática. O periplasto interno está debaixo da membrana plasmática e pode ás veces, como ocorre en Komma caudata, ter unha disposición hexagonal de placas de periplasto superficial e estas están feitas de subunidades.[1]
As placas superficiais están aliñadas de maneira exacta coa placa interna e rodeadas de bordos cristalinos cunha ocasional escama de escarapela con forma de roseta na superficie das placas. Describíronse en criptomónadas varios arranxos do periplasto distintos. Na parte do periplasto interno poden verse partículas intermembrana que penetran na membrana plasmática ata o protoplasma. Estas partículas intermembrana son maiores arredor dos límites entre as placas.[1]
Outros recubrimentos alternativos
As dinofíceas teñen un recubrimento celular chamado anfiesma, con vesículas similares a cisternas nunha estrutura de forma tecal. Moitos dinoflaxelados teñen placas tecais máis grosas polas que reciben o nome de dinoflaxelados acoirazados.
O recubrimento dos euglénidos denomínase película.[1]
Os coanoflaxelados teñen un recubrimento celular tamén chamado periplasto, que é unha especie de matriz extracelular. Este recubrimento podería axudar a adherirse ao subtrato (nas especies sésiles) ou aumentar a resistencia hidrodinámica e eficiencia da alimentación (nas especies planctónicas).[3]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.