matemática galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Peregrina Quintela Estévez, nada en Vigo en 1960, é unha catedrática e investigadora de matemática aplicada galega, gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2016, concedido pola Xunta de Galicia.[1] É directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de París |
Director de tese | Philippe G. Ciarlet (pt) |
Actividade | |
Ocupación | matemática, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (2000–) |
Obra | |
Doutorando | Lino José Álvarez-Vázquez e María Teresa Cao Rial (en) |
Premios | |
Quintela licenciouse en 1982 en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde é catedrática[3], e posúe dous doutoramentos, un pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM, 1986) e outro pola Pierre et Marie Curie (París VI, Sorbonne Université, 1988).[4] A súa tese de doutoramento, titulada Elasticidad no lineal: Modelo de Von Karma, foi dirixida por Philippe G. Ciarlet, matemático francés coñecido polo seu traballo na análise matemática do método de elementos finitos aplicado á elasticidade, e publicada en 1986.[5] Está especializada en modelaxe matemática, análise matemática e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas. Durante a súa carreira combinou a dedicación ao ensino, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión de empresa.[4]
En 1997, publicou o seu primeiro libro de Introducción al lenguaje de programación MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender ese lenguaje de forma natural, progresiva y práctica. En 2000 publicou outros dous libros Ecuaciones diferenciales e Matemáticas e ingeniería con MATLAB. Posteriormente, en 2001, publicou Métodos numéricos en ingeniería.
Desde a súa fundación, o 30 de setembro de 2011, Quintela é Presidenta da Rede Española Matemática Industria (math-in) que é unha asociación privada sen ánimo de lucro formada por ao redor de 40 grupos de investigación dunha vintena de universidades e centros de investigación españois.[6]
Coordinou entre 2007 e 2012 a creación do nodo CESGA do Proyecto Consolider Ingenio MATHEMATICA (i-MATH). Este proxecto integrou a máis de 340 grupos de investigación de toda España e máis de 1.700 investigadores e investigadoras no campo das matemáticas, xestionado pola Universidade de Cantabria. Especificamente, o Nodo CESGA xurdiu coa misión de tomar iniciativas encamiñadas á transferencia de coñecemento matemático ao sector produtivo promovendo o uso de métodos e técnicas matemáticas na industria.[7]
Posteriormente, desde a súa creación en 2013, é directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati) que ten como principal función a transferencia de tecnoloxía matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo.[8]
En 2013 tamén participou activamente na fundación do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN), sendo primeiro membro do seu Consello e desde 2015 parte do Executive Board.[4] Asiste a conferencias internacionais de forma moi activa e publica artigos en revistas especializadas.
Conta con máis de 50 artigos publicados en revistas de primeira orde e preto dunha trintena doutras publicacións, entre as que se contan varios artigos de divulgación.[9][10][11]
Foi galardoada en 2016 co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que a Xunta de Galicia outorga anualmente desde o ano 2007, a través da Unidade de Muller e Ciencia.[12] En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.