político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pere Navarro i Morera, nado en Terrassa o 23 de decembro de 1959, é un político catalán, actual primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya e alcalde da cidade de Terrassa.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1959 (64 anos) Terrasa, España |
10º First Secretary of the Parliament of Catalonia (en) | |
23 de xullo de 2014 – 4 de agosto de 2015 ← Miquel Iceta – Anna Simó i Castelló → | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 Circunscrición electoral: Barcelona | |
5º Primeiro Secretario do PSC | |
17 de decembro de 2011 – 11 de xuño de 2014 ← José Montilla – Miquel Iceta → | |
Deputado provincial de Barcelona | |
15 de xullo de 2011 – 28 de febreiro de 2013 – Carme García Lores (pt) → | |
Alcalde de Terrasa | |
13 de abril de 2002 – 10 de decembro de 2012 ← Manel Royes i Vila (en) – Jordi Ballart Pastor (pt) → | |
Tenente de alcalde Terrasa | |
1999 – | |
Terrassa City Councillor (en) | |
1987 – 2012 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | político |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya (1977–) Socialist Party of Catalonia-Congress (en) |
Licenciado en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), é militante do PSC desde 1977. Está casado e ten dúas fillas.
Comezou a súa militancia no PSC-Congrés en 1977. Foi un dos fundadores da Mocidade Socialista de Cataluña en Terrassa e en 1982 integrou as listas do PSC ás eleccións xerais. En 1983 foi o responsable da campaña do PSC nas eleccións municipais en Terrassa.
En 1987 foi elixido concelleiro no concello de Terrassa, pasando a ocupar o posto de adxunto da concellaría de Urbanismo. Catro anos máis tarde foi nomeado presidente do Distrito 5. En 1994 foi elixido primeiro secretario do PSC de Terrassa e ao ano seguinte ocupou a concellaría de Participación Cidadá e Mocidade. Máis adiante, en 1998 ocupou outra concellaría, a de Cultura. En 1999 foi nomeado cuarto tenente de alcalde, posto que mantivo coas concellarías de Cultura e de Solidariedade e Cooperación Internacional, e continuou con devanditas responsabilidades ata 2002, momento no que substituíu o daquela alcalde Manuel Royes.
Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista do PSC en Terrassa e conseguiu 13 dos 27 concelleiros do consistorio. Foi investido como alcalde grazas a un pacto con ICV-EUiA e ERC, resultado que repetiu o ano 2007. Nas eleccións municipais de 2011, aínda que perdeu dous concelleiros, revalidou a alcaldía tras pactar con ICV-EUiA.[1] A modo de curiosidade, Navarro é o segundo alcalde de devandita cidade desde a democracia.
O 2011, tras os resultados do seu partido nas eleccións xerais, presentouse como candidato para dirixir o PSC.[2] O 17 de decembro do 2011, no 12º congreso do partido, foi elixido primeiro secretario do PSC co 73,06 % dos votos.[3]
O 30 de setembro de 2012 é elixido como candidato á Generalitat de Cataluña polo Partido dos Socialistas de Cataluña ás Eleccións ao Parlamento de Cataluña.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.