O Pensilvaniano, tamén chamado Carbonífero Superior, unha división da escala temporal xeolóxica, é un subperíodo xeolóxico do período Carbonífero que se iniciou hai aproximadamente 318,1 ± 1,3 millóns de anos e que finalizou hai 299 ± 0,8 millóns de anos,[1] aínda que a data exacta de comezo e fin do período son incertas nuns poucos millóns de anos. Ao igual que ocorre coa maioría dos outros períodos xeolóxicos, os estratos de rocha que definen o período están ben identificados e o Pensilvaniano leva o nome do estado de Pensilvania, onde as rochas desta antigüidade están moi estendidas.

Máis información Era, Período ...
Era Período M. anos
Paleozoico Permaniano299,0 ±0,8
Carbonífero Pennsilvaniano318,1 ±1,3
Mississippiano359,2 ±2,5
Devoniano416.0 ±2,8
Silúrico443,7 ±1,5
Ordovícico488,3 ±1,7
Cámbrico542,0 ±1,0
Pechar

En Norteamérica, onde os primeiros estratos do Carbonífero son principalmente calcarias mariñas, o Pensilvaniano é considerado como un período xeolóxico pleno. En troques, en Europa, o Mississippiano e o Pensilvaniano son máis ou menos continuos nos depósitos continentais de terras baixas e agrúpanse no período Carbonífero. No Pensilvaniano xa están presentes todas as clases modernas de fungos.[2]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.