futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro López Crespo, máis coñecido como Pedrito, nado na Coruña o 18 de marzo de 1917 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 2001, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa e militou durante 14 anos no Deportivo da Coruña, disputando darredor de 300 partidos, 154 deles na Primeira División, categoría na que debutou en 1941, tras participar no primeiro ascenso da historia do club á máxima categoría.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1917 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de xaneiro de 2001 (83 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1932 - 1952 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Foi internacional coa selección española nunha ocasión, no primeiro partido internacional disputado do estadio de Riazor en 1945, contra Portugal.
Nacido no barrio coruñés de Monelos, comezou a xogar ao fútbol no Oza de Monelos, e en xaneiro de 1934, con só 16 anos, debutou co equipo reserva do Deportivo da Coruña, nun partido amigable contra un equipo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.[1] Xogou uns meses con este conxunto, compartindo equipo entre outros con Bebel e Cachán.[2] Na tempada 1934/35 xogou co Club Coruña na Serie A rexional e en 1936 regresou ao Deportivo.[3]
Debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, no primeiro encontro da Copa Galicia 1935/36, contra o Racing de Ferrol no Campo de Riazor, nun partido que gañaron os coruñeses por 4-0 cun triplete de Waldo Botana.[4] Foi subcampión do torneo despois de perder a final contra o Eiriña, e menos dun mes despois estalou a Guerra civil, polo que non puido debutar na liga nacional. Competiu mentres tanto no Campionato de Galicia, proclamándose campión co Deportivo nas tempadas 1936/37 e 1939/40.
O 3 de decembro de 1939 debutou na Segunda División, na primeira xornada da tempada 1939/40 contra o Stadium Avilesino, que se resolveu cunha goleada por 6-0 para o club coruñés.[5] Foi titular durante toda a campaña, sendo Neira o seu compañeiro máis habitual na defensa, e o equipo acabou primeiro de grupo, clasificándose para a promoción de ascenso, onde foron derrotados polo Celta de Vigo, cun gol de Nolete.[6] Na tempada 1940/41, Pedrito foi un dos futbolistas que conseguiron o histórico primeiro ascenso do club á Primeira División, con Hilario no banco, despois de gañar ao Murcia na prórroga da final da promoción de ascenso.[7]
Xogou o seu primeiro partido na máxima categoría o 2 de novembro de 1941, correspondente á xornada 6, nunha derrota fronte ao Valencia no estadio de Mestalla. Ocupou un dos dous postos da zaga deportivista durante a maior parte da tempada, xunto ao cántabro Víctor, conseguindo coa axuda do gardameta Xoán Acuña, ser o equipo menos goleado da liga. Continuou como titular indiscutible durante as seguintes oito tempadas, sendo o capitán dende 1942,[8] e viviu dous descensos a Segunda e dous novos ascensos entre 1944 e 1948. O 4 de novembro de 1945 marcou contra a SD Ceuta os seus dous únicos goles en liga.
O seu derradeiro partido en liga foi o 23 de abril de 1950, nun empate a domicilio contra o Athletic Club (2–2) na derradeira xornada do campionato, un empate que supuxo que o Deportivo non se alzase campión de liga da tempada 1949–50, pois necesitaba a vitoria. Tras este histórico subcampionato, disputou os seus dous últimos partidos oficiais co club, nos oitavos de final da Copa do Xeneralísimo contra o Sevilla. O seu balance final en 14 anos co Deportivo foi de 242 partidos en competicións nacionais e tres goles.
O 6 de maio de 1945 xogou o seu único partido coa selección española, nun encontro amigable contra Portugal en Riazor, no que foi o primeiro partido internacional no estadio coruñés. Formou na defensa xunto ao atlético Aparicio, e o combinado español venceu 4-2, goles de Zarra (2), Herrerita e César.[9]
Deportivo da Coruña
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.