futbolista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Bebel García García, nado en Ribadeo en 1914 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un futbolista e político galego.[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1914 Ribadeo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 29 de xullo de 1936 (21/22 anos) Parque Punta Herminia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | ferida por arma de fogo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | José García Iglesias | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | France García García e Pepín García García |
Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia.[2] Ademais do negocio familiar adicouse ao fútbol, debutando no Deportivo da Coruña en setembro de 1932, no primeiro partido da tempada 1932/33 do Campionato de Galicia, que enfrontaba no campo de Riazor ao equipo coruñés co Eiriña.[3][4] Disputou esa tempada e outra máis co equipo herculino, despois xogou no Recreativo Granada e volveu finalmente ao Deportivo. Xogou ademais varios partidos co Club Coruña.[5]
Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, incorporouse ás Juventudes Socialistas Unificadas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da cidade da Coruña fronte aos sublevados, transportando milicianos a puntos defensivos e levando feridos e alimentos ao hospital Labaca.[2] Foi detido o 25 de xullo en Guitiriz, cando tentaba chegar a Asturias, e encarcerado na prisión provincial da Coruña. Xulgado por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado en Punta Herminia xunto co seu irmán France.[6][7] Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado, e aínda que non foi fusilado nun principio por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión.[2][8] Pepín, outro dos irmáns, foi xulgado por sedición, pero conseguiu fuxir, uniuse á loita contra as tropas franquistas, perdeu unha perna na batalla de Brunete e finalmente exiliouse na Arxentina.[9]
Eduardo Galeano adicoulle un relato dentro do seu libro Espejos. Una historia casi universal, en 2008.[10][11][12] A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de Bebel e os seus irmáns.[2][13]
No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz.[14][15][16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.