Pazo de Fontefiz
pazo barroco en Ucelle, Coles From Wikipedia, the free encyclopedia
pazo barroco en Ucelle, Coles From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pazo de Fontefiz, na parroquia de Ucelle, concello de Coles, é un pazo de estilo barroco que data dos séculos XVI, XVII e XVIII, sendo lugar patrucial dunha das máis ilustres casas nobiliarias de Galicia.[1]
Pazo de Fontefiz | |
---|---|
Concello | Coles |
Provincia | Ourense |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°25′45″N 7°50′05″O |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu derradeiro solariego, Pedro Ventura de Puga[2] (deputado en varias lexislaturas, procurador en cortes en 1835 e vocal e secretario da Xunta Superior do Reino de Galicia), destacou polo seu labor de fomento e renovación da agricultura e gandería galegas, converténdose así nun predecesor da actividade á que máis tarde se adicaría o pazo.[3]
Na actualidade, Fontefiz é un centro de recuperación de gando autóctono, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que se levan a cabo experiencias gandeiras de selección coas especies de vacún como a caldelá, limiá, vianesa e cachena.
Nas súas 68 hectáreas de superficie, prodúcense alimentos para o sostemento das cabezas de gando nas distintas fases produtivas.
No ano 1979 o pazo foi declarado patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico, considerándose un dos máis importantes de Galicia polas súas dimensións, murallas e patios.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.