Pawo Choyning Dorji (en dzongkha: དཔའ་བོ་ཆོས་དབྱིངས་རྡོ་རྗི།) nado en Darjeeling o 23 de xuño de 1983, é un cineasta e fotógrafo butanés. O seu primeiro filme Lunana: A Yak in the Classroom (2019) foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios. O seu segundo filme, The Monk and the Gun (2023) clasificouse na lista curta do Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1983 (41 anos) Darjeeling, India (pt) |
Educación | Lawrence University (en) Yangchenphug High School (en) Kodaikanal International School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, fotógrafo, guionista |
Familia | |
Cónxuxe | Stephanie Lai |
Dorji é a persoa máis nova en recibir o premio civil máis alto de Bután, o Druk Thuksey, o Fillo do Corazón do Dragón do Trono. Foille concedido polo rei Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. É membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.
Traxectoria
Pawo Choyning Dorji é o fillo dun diplomático, e naceu en Darjeeling, na India.[2]
O seu primeiro filme Lunana: A Yak in the Classroom, rodado na escola máis remota do mundo na vila de Lunana estreouse no Festival de Cinema de Londres[3] e gañou o Premio da Audiencia ó mellor filme e ó "mellor do festival" no Festival Internacional de Cinema de Palm Springs.[4] Ademais, converteuse no segundo candidato de Bután ó , sendo escollido polo país para competir na 93ª edición dos premios.[5]
Obras
- Seeing Sacred: Lights & Shadows Along the Path
- Turquoise Heart: Bhutanese remembers a Bhutanese (2017)
- The Light of the Moon: The Legacy of Xuanzang of Tang (2019)
Vida persoal
Dorji casou coa actriz e produtora taiwanesa Fan Yuin "Stephanie" Lai, filla de Stan Lai, en 2009.[6][7] Teñen unha filla e un fillo. A familia pasa o seu tempo entre Taiwán, Bután e a India.[8][9]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.