actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
Paula Vázquez Picallo, nada en Ferrol o 26 de novembro de 1974, é unha actriz, presentadora de televisión e modelo galega.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1974 (49 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz, modelo, xornalista |
Empregador | Televisión Española |
Páxina web | paulavazquez.com |
|
Nos anos 80 trasládase coa súa familia a Barcelona, onde comeza a súa carreira profesional como modelo e azafata.[1] A súa primeira aparición televisiva é como azafata no popular programa Un, dos, tres. A partir dese comezo en TVE chegaron programas como La vuelta de la fama, No te olvides el cepillo de dientes, La noche de los magníficos, El Rastrillo, Inocente, Inocente ou o Luar da TVG.
Tras esta primeira etapa na televisión, incorpórase á serie Canguros, na que filma corenta capítulos. Interveu en dúas películas: Huele bien e Últimas vacaciones. O currículum da ferrolá complétase coa presentación de espazos como El juego del euromillón ou Gran Hermano 3, así como a retransmisión das badaladas de Fin de Ano en Telecinco, entre outros.
En 2005, tras conducir La isla de los famosos e copresentar dende o Amazonas La selva de los famosos, guía o programa Aventura en África, todos eles de Antena 3.
En 2006 probou sorte con ¿Cantas o qué? un formato que non tivo o éxito agardado e foi retirado moi pouco despois da súa estrea.
En decembro de 2006 volveu a Televisión Española, estreándose no aniversario da Gala 50 anos de TVE como presentadora xunto a Laura Valenzuela e Anne Igartiburu. En 2007 presenta o programa Misión Eurovisión, en que se pretende seleccionar aos representantes de España no concurso de Eurovisión.
En xaneiro de 2008 incorpórase a Cuatro para presentar o reality Fama, ¡a bailar! do cal presentou todas as súas edicións de 2007 a 2010. O grande éxito cultivado por este programa logrou incrementar a media da cadea ata conseguir a súa marca histórica, situándose como o programa máis visto de Cuatro en moitas ocasións. En setembro de 2008 estreou Pekín Express, un reality de aventuras do cal só presentou a primeira edición.
Tras realizar distintos pilotos para Mediaset España que foron descartados, Paula Vazquez foi fichada en novembro de 2011 por Antena 3. O 26 de marzo de 2012 estreou nesa cadea o talent show El número uno.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.