Patrimonio da Humanidade en Xordania
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Xordania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Xordania aceptou a convención o 5 de maio de 1975, polo que os seus sitios históricos poden ser incluídos na lista. En 2021, incluíanse seis sitios en Xordania.[3]
Nº | Sitio | Imaxe | Localización | Criterios | Superficie ha (acre) |
Ano | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|---|
01 | Petra | Gobernación de Ma'an 30°19′50″N 35°26′36″L |
Cultural: (I)(III)(IV) |
26,171 (64670) | 1985 | A cidade Nabatea de Petra foi un importante centro comercial entre Arabia, Exipto e Siria-Fenicia, famosa pola súa arquitectura escavada na roca, está feita enteiramente de pedra arenisca con máis de 40 tumbas, así como a súa explotación mineira e sistemas de enxeñaría da auga.[6] | |
02 | Quseir Amra | Gobernación de Zarqa 31°48′7″N 36°35′9″L |
Cultural: (I)(III)(IV) |
0.0445 (0.101) | 1985 | O castelo do deserto de Quseir Amra construíuse a principios do século VIII, e servira tanto de fortaleza como de palacio real dos Omeia. O sitio tamén destaca polos seus extensos frescos, que constitúen un exemplo importante e único da primeira arte islámica.[7] | |
03 | Um er-Rasas (Kastrom Mefa'a) | Gobernación de Madaba 31°30′6″N 35°55′14″L |
Cultural: (I)(IV)(VI) |
24 (59) | 2005 | Establecido como un campamento militar romano, Um er-Rasas converteuse nun asentamento no século V, habitado sucesivamente por comunidades cristiás e islámicas. O xacemento en gran parte sen escavar contén ruínas de fortificacións romanas, igrexas con mosaicos que ilustran moitas cidades da rexión e dúas torres de estilitass.[8] | |
04 | Área protexida de Wadi Rum | Gobernación de Aqaba 29°38′23″N 35°26′02″L |
Mixto: (III)(V)(VII) |
74 180 (183 300) | 2011 | Situado no sur de Xordania, Wadi Rum presenta unha gran variedade de relieves desérticos, incluíndo vales de pedra arenisca, arcos naturais, gorxas, cantils, desprendementos de terra e cavernas. O xacemento tamén contén unha extensa arte rupestre, inscricións e restos arqueolóxicos, que dan fe de máis de 12.000 anos de habitación humana continua.[9] | |
05 | Sitio de bautismo “Betania máis alo do Xordán” (Al-Maghtas) | Gobernación de Balqa 31°50′14″N 35°33′10″L |
Cultural: (III)(VI) |
294 (730) | 2015 | Situado no río Xordán, Al-Maghtas é considerado o lugar do Bautismo de Xesús por Xoán o Bautista. Lugar de peregrinación cristiá, contén restos de igrexas romanas e bizantinas, capelas, un mosteiro, covas e pozas.[10] | |
06 | Al-Salt - O lugar da tolerancia e da hospitalidade urbana | Gobernación de Balqa 32°02′21″N 35°43′33″L |
Cultural: (II)(III) |
24,68 (61,0) | 2021 | Establecida en tres outeiros moi espazados en Balqa (rexión), As-Salt foi o principal asentamento na Marxe Leste do río Xordan que servía como centro cultural, comercial e financeiro. Esta prosperidade permitiu a afluencia de xente da rexión que se asentou en As-Salt, creando unha cidade distinta construída con pedra calcaria amarela que tiña estilos Art Nouveau e neocoloniais europeos combinados coas tradicións locais.[11][12] | |
Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerarse para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.[13]
[14] En 2021, Xordania tiña catorce sitios na súa lista provisional:[15]
Nome | Data |
---|---|
Cidade de Abila (Moderna Qweilbeh) | 2001 |
Al Qastal (asentamento) | 2001 |
Azraq | 2007 |
Reserva da biosfera de Dana | 2007 |
Gadara (Moderna Um Qeis ur Qays) | 2001 |
Cidade arqueolóxica de Jerash (Antigo lugar de encontro de Oriente e Occidente) | 2004 |
Reserva natural de Mujib | 2007 |
Pella (Moderna Tabaqat Fahil) | 2001 |
Qasr Al-Mushatta | 2001 |
Qasr Bshir (castelo romano) | 2001 |
Castelo de Shaubak (Montreal) | 2001 |
O Santuario de Agios Lot, At Deir 'Ain 'Abata | 2001 |
Umm al-Jimal | 2018 |
O ḥarrah xordano | 2019 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.