artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Letonia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Letonia ratificou a convención o 10 de xaneiro de 1995, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Centro histórico de Riga | Riga | 1997 | 852; i, ii (cultural) | Riga, fundada en 1201, foi unha cidade importante da Liga Hanseática dos séculos XIII ao XV. Desa época non quedan moitas casas, xa que foron destruídas polo lume ou a guerra. Máis tarde, Riga viu unha rápida expansión no século XIX e comezos do XX, cando se construíron moitos edificios de estilo Art Nouveau. Riga ten a maior concentración de edificios deste estilo en Europa. A Casa dos Cabezas Negras aparece na imaxe.[5] | |
02 | Arco Xeodésico de Struve | Ērgļi e Jēkabpils | 2005 | 1187, ii, iii, vi (cultural) | O Arco Xeodésico de Struve é unha serie de puntos de triangulación que se estende por unha distancia de 2820 km dende Hammerfest en Noruega até o Mar Negro. Os puntos foron estabelecidos nunha enquisa do astrónomo Friedrich Georg Wilhelm von Struve, que primeiro mediu con precisión un longo segmento dun meridiano, e xunto con el o tamaño e a forma da Terra. Orixinalmente, había 265 puntos de estación. O Patrimonio da Humanidade inclúe 34 puntos en dez países (de norte a sur: Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia, Estonia, Letonia, Lituania, Belarús, Moldavia e Ucraína), dous dos cales están en Letonia (o marcador en Sestu-Kalns na imaxe).[6] | |
03 | Cidade vella de Kuldīga | Kuldīga | 2023 | 1658; v (cultural) | O centro histórico de Kuldīga está ben conservado e data dende finais do século XVI ao XVIII, cando a cidade era un centro administrativo do Ducado de Curlandia e Semigallia. A mestura de estilos arquitectónicos reflicte o intercambio cultural cos países do mar Báltico. Na imaxe aparece o casa do concello.[7] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.